[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases reguladoras das subvencións ás entidades locais para a dotación dos servizos básicos ás praias-2006

Bases

Bases

1.— PRINCIPIOS XERAIS
A Deputación de Pontevedra, para mante-las praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servicios básicos ás praias iniciadas fai nove anos.

2.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitue obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se haberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 711-442-762.82, para dotar de servicios básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de quinientos vinte mil euros (520.000,00).

3.— ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDAS E CONTÍA DA SUBVENCIÓN

3.1.— Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixilancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servicios básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamientos necesarios para ese fin que non se encontren aquí especificados.

3.2.— As axudas económicas poderán acada-lo 75% do investimento realizado, ata un máximo de trinta e seis mil sesenta e un euros (36.061) por proxecto.

O Ilmo. Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión.

4.— BENEFICIARIOS
Poderá solicita-la subvención calquera municipiocosteiro que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servicios que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos.

5.— FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES

5.1.— As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación:

  1. Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figura- lo nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente.
  2. Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición.
  3. Presuposto desglosado dos equipos dos que se prevexa a adquisición.
  4. Certificado do acordo do órgano competente da Corporación polo cal se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación.
  5. Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.

5.2.— O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

6.1.— As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 45 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

6.2.— O procedemento ordinario de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva.

Co fin de atender imprevistos, accións que non admitan demora ou polos motivos expostos na base 25º.3 das de execución do Presuposto a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado.

7.— CONDICIÓNS E SELECCIÓN DE SOLICITUDES

7.1.— Na selección de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:

  • Concello declarado de interes turístico galego.
  • Importancia turística do Municipio.
  • Número de usuarios das praias.
  • Praias candidatas para obteren a bandeira azul da UE.
  • Número de praias.
  • Interés provincial.

7.2.— Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realizen.

8.— XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS

8.1.— As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días contados desde a sua notificación.

Así mesmo os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar a reformulación das axudas concedidas.

8.2.— Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado.

8.3.—Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos:

  • Memoria detallada da actuación
  • Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que envía-la transferencia.
  • Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada
  • Certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente.
  • Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mismo fin a outras administración públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.

8.4.— A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2007.

9.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realizen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflexando o resultado no correspondente informe; así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

10.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réximen Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

11.— DERECHO SUPLETORIO
E no non previsto nestas bases estarase ó disposto na lexistación de contratos e na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións y demás legislación de pertinente aplicación.

Pontevedra, a 20 de marzo de 2006
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 30/03/06, número 63, páxina 18, anuncio 2006002992.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/03/2006 10:04
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/