[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 24 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
CURSOS 

deputación de pontevedra

Bases reguladoras das accións formativas transversais do proxecto Cidade + ( Interreg III-A )

Bases | Calendario | Solicitude de adhesión entidades
Modelo de curriculo

Bases

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para adxudicar os módulos formativos transversais do Proxecto Cidade + ás entidades e asociacions que traballen co colectivo de emigrantes retornados e inmigrantes, así como o proceso para seleccionar ós alumnos das accións formativas.

2.— MÓDULOS

  1. Módulo de introdución a cultura e lingua española (30 h.)
  2. Módulo de busca de emprego e orientación laboral (30 h.)
  3. Módulo de introdución ás novas tecnoloxías (30 h.)

3.— REQUISITOS

A. DAS ENTIDADES OU ASOCIACIÓNS

  • Enviar cuberto o modelo de Convocatoria de adhesión ó Convenio.
  • Enviar debidamente cubertas as solicitudes dos usuarios.
  • Contar cun número mínimo de 10 e un máximo de 15 usuarios (en ningún caso pode iniciarse a acción cun número inferior a 12), emigrantes retornados e inmigrantes, interesados en participar nas accións formativas.
  • Organizar o módulo nun mínimo de 6 horas semanais.
  • Nomear un coordinador ou interlocutor técnico entre Cidade+ e a entidade.

B. DOS USUARIOS

  • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non transcurriran máis de cinco anos do seu retorno.
  • Inmigrantes que se atopen en situación regular en España.
  • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura, (excepto usuarios que se presenten ó módulo de introdución á cultura e lingua española).
  • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento do curso.
  • Terán carácter preferente aqueles alumnos que estiveran escritos como demandantes de emprego.

4.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes para a adhesión ó convenio e as solictudes dos usuarios presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado). Prazo máximo de presentación de solicitudes vinte días naturais dende a publicación das bases na páxina web e no taboleiro da Deputación.

5.— DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Convocatoria de adhesión ó Convenio.
  • Solicitudes de inscrición dos usuarios ás accións formativas.

6.— COMISIÓN DE SELECCIÓN DE ENTIDADES E USUARIOS
A Comisión de selección para adxudicar os diferentes módulos do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) ás entidades e asociacións, estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: A deputada delegada do Servizo de Acción Social, Promoción de emprego e Muller.
  • O secretario da corporación.
  • Vocais:
    1. A xerente de Cidade+ ou en quen delegue.
    2. As dúas técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+ ou persoa en quen deleguen.

7.— PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

A.- DAS ENTIDADES OU ASOCIACIÓNS:

  • A adxudicación dos cursos levarase a cabo:

    1º.- por estrita orde de recepción de solicitudes

    2º.- por número de usuarios posibles en cada acción formativa

  • As entidades ou asociacións que acheguen máis dunha solicitude para cada un dos módulos deberán sinalar a orde de preferencia de cada unha delas.
  • Adxudicarase un módulo formativo por cada entidade ou asociación, agás que non se reciban suficientes solicitudes. Neste caso poderán asignarse máis dunha acción por entidade.
  • Todo o proceso selectivo levarase a cabo tendo en conta as seguintes especificacións:
    1. En materia de introdución ás novas tecnoloxías asignaranse 3 cursos.
    2. En materia de busca de emprego e orientación laboral adxudicaranse 6 cursos.
    3. En materia de introdución a cultura e lingua española concederanse 4 cursos.

B.- DOS USUARIOS:
En base ós requisitos mínimos esixidos nas presentes bases e o currículo aportado polos posibles beneficiarios, valorarase a idoneidade dos usuarios destas accións formativas.

8.— RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES
Cinco días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes reunirase a Comisión de selección, ás nove da maña no Pazo Provincial. Esta Comisión valorará as solicitudes das entidades/asociacións e a aptitude dos beneficiarios.

Comunicarase nun prazo de dous días mediante unha notificación escrita e telefonicamente aquelas entidades ou asociacións seleccionados. Asi mesmo tamén se lles facilitará a lista dos usuarios admitidos.

9.— RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 30 de marzo de 2006
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/04/2006 14:22
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/