[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 25 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina 1 [2] 3
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de pontevedra

Convocatoria de dúas bolsas para a realización de tarefas de investigación no laboratorio da Finca Mouriscade

Bases | Modelo de instancia | Adxudicacións

Bases

Convocatoria para a adxudicación de dúas bolsas para a realización de tarefas de investigación no laboratorio da Finca Mouriscade do Servicio Agrario da Deputación Provincial de Pontevedra.

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, por concurso de méritos, de dúas bolsas para a realización de tarefas de investigación científica no Servicio Agrario (Finca Mouriscade-Lalín) de Deputación Provincial de Pontevedra.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de licenciado en Veterinaria, Químicas, Farmacia, Bioloxía, Enxeñeiro Agrónomo ou Tecnoloxía de Alimentos, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 06/711.711.481.02 do orzamento provincial.

O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce das bolsas será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    Deputado delegado do Servicio Agrario desta
    Deputación Provincial ou deputado en quen delegue.
    O Enxeñeiro director do Servicio Agrario desta Deputación Provincial.
    Funcionario Técnico superior do Servicio Agrario pertenecente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de mais da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección dos bolseiros efectuarase conforme o seguinte baremo:

  1. Polo expediente académico ata un máximo de tres (3) puntos.
  2. Pola presentación e descripción dun posible traballo de investigación a desenvolver durante o periodo de duración da bolsa relacionado coas actividades que se levan a cabo no laboratorio da Finca Mouriscade nas líneas de alimentación animal (análise de penso, materias primas, forraxes,...) e microbioloxía e compatibles coas instalacións de que dispón o laboratorio. Ata un máximo de tres (3) puntos.
  3. Por ter asistido a cursos de doutoramento, de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiáis, universidades, colexios oficiáis ou escolas da Administración pública relacionados coa actividade que se desenvolve no laboratorio da Finca Mouriscade ( análise de silos, pensos, materias primas, leites,....), ata un máximo de 2 (dous) puntos, computándose:
    1. De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos/curso.
    2. De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos/curso.
    3. De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos/curso.
    4. De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos/curso.
    5. De 10 ou máis créditos 0,25 puntos/curso.
    6. De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos/curso.
    7. De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos/curso.
    8. De entre 1 e 2 créditos 0,10 puntos/curso.
  4. Por acreditar experiencia en traballo de laboratorio: 0,20 puntos por ano ou fracción superior a seis (6) meses, ata un máximo de un (1) punto.
  5. Por ter realizado cursos de informática ou idiomas en centros oficiá, universidades, colegios oficiáis ou Escolas de Administración Pública, ata un máximo de un (1) punto,computándose cos mismos criterios que no anterior apartado c).

Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas os aspirantes que considere máis idóneos para realizar tarefas de investigación científica no Servicio Agrario (Finca Mouriscade-Lalín) de Deputación Provincial de Pontevedra.

Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios comezaron o seu desempeño, na Finca de Mouriscade do Servicio Agrario desta Deputación Provincial.

    Poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario, segundo o proxecto de investigación desenvolto polo bolseiro, e co acordo da Comisión de Goberno.

  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observa-lo horario de traballo e disciplina da Finca Mouriscade do Servicio Agrario, quedando suxeitos o Regulamento deste Servicio, cooperando cos técnicos nos traballos que o Enxeñeiro-Directos deste Servicio estime oportunos.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. Os bolseiros non poderán renunciar á bolsa da que sexan beneficiarios ata o transcurso, cando menos, de seis meses desde a data da súa adxudicación.
  6. A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículm. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non haber obtido a bolsa ofertada, os candidatos poderán retira-la documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases.

11.— DERECHOS SUPLETORIOS
A convoatoria das bolsas, a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxetaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademáis, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Pontevedra, 9 de marzo de 2006
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 10/04/06, número 70, páxina 14, anuncio 2006003361.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 31/05/2006 12:20
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/