[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 21 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2] 3
CURSOS 

Deputación de Pontevedra

CURSO DE OPERARIO DE SOLDADURA ROBOTIZADA / OPERARIO DE ESTAMPACIÓN DO PROXECTO CIDADE+

Anuncio | Bases | Modelo de Solicitude
Modelo de curriculo | Nota

Bases

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 15 prazas no Curso de Operario de Soldadura robotizada / Operario de estampación, que forma parte das accións formativas do Proxecto Cidade +.

Este curso ten una duración de 105 horas de luns a venres, en horario de mañá (9:00 a 14:00). A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións da empresa BENTELER AUTOMOTIVE S.L., situadas no Parque tecnolóxico e loxístico, parcelas 13-14 de Valladares en Vigo.

A acción formativa levarase a cabo entre os meses de maio e xuño de 2006, con data prevista de comezo o 22 de maio. O curso acóllese ó Convenio Marco e existe un compromiso de contratación por parte da empresa BENTELER AUTOMOTIVE S.L. dun 50%.

2.— CONTIDO DO CURSO

  1. Seguridade e saúde no traballo.
  2. Medioambente
  3. Calidade
  4. Estampación
  5. Soldadura robotizada MIG
  6. Pintura por cataforeses
  7. Mantemento
  8. Organización

3.— BOLSAS POR DESPRAZAMENTO
Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha bolsa por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios e lugar de impartición do curso.

Aboarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (segundo sexa a distancia superior ou inferior a 12 km) e descontarase a razón de 18 € o 12 € por día ó alumno que non asista ó curso.

4.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS:
    • Ter cumpridos 18 anos de idade
    • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non trancurriron máis de cinco anos do seu retorno
    • Inmigrantes que posúan autorización de residencia e traballo
    • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
    • Nivel profesional: non se precisan coñecementos específicos
    • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA:
    • Data de antigüidade no INEM
    • Experiencia profesional acreditada no sector
    • Formación relacionada

5.— SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe (en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo de presentación de solicitudes, quince días naturais dende a publicación das bases, que quedarán expostas no taboleiro da Deputación e na páxina web.

6.— DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web
  • DNI ou NIF
  • Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado
  • Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado
  • Para inmigrante: autorización de residencia e traballo
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral
  • Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina
  • Certificado de antigüidade no INEM

7.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: A deputada delegada do Servizo de Acción Social, promoción de emprego e muller.
  • O secretario da corporación ou en quen delegue.
  • Vogais:
    1. A xerente de Cidade+ .
    2. As dúas técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+
    3. Un representante de Benteler Automotive S.L.

8.— PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de dúas fases: valoración de currículo e entrevista persoal, establecéndose como puntuación máxima 5 puntos en cada fase.

REQUISITOBAREMO
criteriopuntos
Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
De 6 a 12 meses1
Menos de 6 meses0.5
Tempo en desempregoMáis de 12 meses1
De 6 a 120.5
Recursos económicosSe non ten ingresos0.5
Formación relacionadapor curso0.25
Máximo1.5

ENTREVISTA PERSOAL

A puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán á puntuación obtida na fase de baremación de currículo. Para superar a entrevista terá que obter unha puntuación superior a 2.5.

As entrevistas realizaranse cinco días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes, en horario de 9:00h. a 13:00h., no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.

A selección de usuarios/as para a entrevista realizarase en dúas quendas por orde rigorosa de apelido: do A ó M, horario de 9:00h. da mañá; do N ó Z a partir das 12:00h.

9.— PROPOSTA DE SELECCIÓN
Ó día seguinte da realización da entrevista publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que, en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

10.— RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 12 de abril de 2006
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/05/2006 13:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/