[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 19 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Escola de Canteiros

Bolsas de estudos para o ano 2006

Bases | Modelo de solicitude

Bases

1.—
As bolsas de estudos convocadas están dotadas con 601,01 € cada unha.

2.—
Os aspirantes presentarán no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial, solicitude dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente, durante o prazo de quince días naturais seguintes á inserción desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia, acompañada dos seguintes documentos:

  1. Certificación de cualificacións obtidas nos últimos estudos, tanto os efectuados na propia Escola de Canteiros como en calquera outro centro de ensinanza.
  2. Fotocopia da última declaración da Renda da unidade familiar ou certificación de haberes dos pais expedida polo Centro ou empresa na que presten servizos se non fixesen declaración da Renda, que poderá substituirse por declaración xurada se traballan por conta propia e non efectuaron declaración da Renda.
  3. Fotocopia do Libro de Familia para acreditar o número de membros que a compoñen.

3.—
Terán prioridade os nacidos na provincia de Pontevedra ou con residencia mínima de cinco anos en calquera dos seus municipios, o que se acreditará mediante a certificación correspondente.

4.—
Co fin de discernir os méritos dos aspirantes e propor á Corporación os que resulten seleccionados, constituirase un Tribunal integrado polos seguintes membros:

  • Presidente:
    O titular da Deputación ou Deputado no que delegue.
  • Vocais:
    — O Deputado Presidente da Comisión de Cultura.
    — Un representante da Delegación Provincial da Consellería de Cultura.
    — Director da Escola de Canteiros.
    — O Xefe do Servicio de Cultura.
  • Secretario:
    O titular da Corporación ou funcionario no que delegue.

5.—
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, reunirase o Tribunal e, á vista dos méritos e medios económicos dos solicitantes, formulará proposta á Corporación dos que consideren acredores das Bolsas de estudos por orde de preferencia.

6.—
Unha vez rematado cada curso, os bolseiros presentarán na Sección de Cultura da Deputación, certificación académica das cualificacións obtidas.

7.—
As Bolsas de estudos prorrogaranse anualmente ata o remate do ciclo de estudos, ós que aproben o curso completo nas convocatorias de xuño e setembro.

8.—
A interpretación e aplicación das presentes Bases queda reservada ó Tribunal, quen resolverá igualmente aqueles extremos non previstos nas mesmas.

Pontevedra, 24 de maio de 2006
O PRESIDENTE EXECUTIVO
ilexible
O SECRETARIO DA ESCOLA
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 07/06/06, número 108, páxina 34, anuncio 2006005271.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/06/2006 12:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/