[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 14 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2003 

Ordenanza Reguladora da Taxa por Expedición de Documentos Administrativos

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA

    No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, esta Deputación establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cunhas normas que atenden ó previsto no artigo 58 da mencionada Lei LRHL.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

  1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades provinciais.
     
  2. Entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que provoque o particular ou que redunde no seu beneficio aínda que non mediase unha solicitude expresa do interesado.

ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO

    Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou cando redunde no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

  1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
     
  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinala no artigo 40 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

  1. Gozarán de exención aqueles contribuíntes sobre os que concorra algunha das seguintes circunstancias:
    1. Que os declarasen pobres por precepto legal.
       
    2. Estar inscritos no padrón de Beneficencia como pobres de solemnidade.
       
    3. Teren beneficio xudicial de pobreza, respecto ós expedientes que deben surtir efecto, precisamente, no procedemento xudicial no que os declarasen pobres.
       
  2. A partir dos beneficios citados, non se admitirá na exacción desta taxa ningún beneficio tributario que non veña establecido nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6. COTA TRIBUTARIA

  1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes para tramitar, de acordo coa tarifa que figura no artigo seguinte.
     
  2. A cota da tarifa corresponde á tramitación completa do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e a notificación ó interesado do acordo recaído.
     
  3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen a percepción.
     
  4. As certificacións ou documentos que expida a administración provincial en virtude do oficio de xulgados e tribunais para toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.

ARTIGO 7. TARIFA

    A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase nos epígrafes que se detallan no ANEXO I.

ARTIGO 8. DEVENGO

  1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicie a actuación ou o expediente suxeito á taxa.
     
  2. Nos casos ós que se refire o número 2 do artigo 2º desta ordenanza, o devengo prodúcese cando se inicie a actuación ou o expediente de oficio ou cando esta se inicie sen a solicitude previa do interesado pero que redunde no seu beneficio.

ARTIGO 9. DECLARACIÓN E INGRESO

  1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo provincial adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes se aquel escrito non existise, ou a solicitude non fose expresa.
     
  2. Os escritos recibidos polos conductos ós que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia; para este fin requirirase ó interesado para que, no prazo de 10 días, aboe as cotas correspondentes; pero, se non se efectúa transcorrido este prazo, consideraranse os escritos como non presentados e a solicitude arquivarase.
     
  3. O importe desta taxa poderase esixir mediante o pagamento en efectivo.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

    PRIMEIRA. Non se poderá expedir ningún documento, facilitar datos e antecedentes de ningunha clase se non é mediante unha solicitude escrita, na que deberán constar con claridade os datos e os antecedentes que reclamen e tamén a finalidade destes.
     
    SEGUNDA. Os encargados dos rexistros de entrada e de saída coidarán de non dar curso a ningún documento suxeito á exacción se non leva adherido o timbre correspondente, retendo, neste caso, o documento ata que o presentador ou solicitante o reintegre debidamente, e en todo caso inutilizarán o timbre do documento coa data do día.
     
    TERCEIRA. Todos os funcionarios provinciais que dalgunha maneira interveñan na tramitación ou expedición de calquera clase de documentos coidarán de esixir os timbres correspondentes, que serán inutilizados por estes segundo a forma indicada na disposición adicional anterior.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo inicial destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 7 de decembro de 2002.
     
    Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2003.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/08/2003 20:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/