[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases para a concesión de axudas a escolas de música públicas

Bases | Solicitude | Declaración

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 2 de xuño de 2006, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS

Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia veñen desenvolvendo un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que no seu art. 39.5º establece que os estudios de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas.

A notable demanda das ensinanzas de música xustifica o crecemento do número de escolas de titularidade pública para lles achegar á mocidade e ós afeccionados a posibilidade de cursar estes estudos, tanto para realizar unha actividade de formación artística como para continuar posteriormente estudos regrados de música en conservatorios ou centros autorizados.

Co fin de potenciar o funcionamento destas escolas de música das que son titulares determinados entes públicos, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a escolas de música públicas:

1.— OBXECTO
Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, desde o 1 de xaneiro de 2006 ata o 31 de decembro de 2006.

O importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) que se financiarán con cargo á partida 06/451.422.462.06 do orzamento provincial para o ano 2006.

2.— SOLICITANTES
Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

3.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 30 de setembro de 2006.

4.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Orzamento que dedica o Concello para a Escola de Música
  2. Relación de persoal docente e non docente
  3. Número de alumnos matriculados
  4. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante
  5. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades
  6. Declaración de non estar incuso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria

5.— VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, polo menos, os seguintes criterios:

  1. Número de alumnos matriculados no curso 2005/2006, ata 25 puntos.
  2. Número de profesores, ata 15 puntos.
  3. Orzamento da escola de música, ata 60 puntos.

As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.

Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

6.— PAGAMENTO
As subvencións estarán condicionadas aos orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).

Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade.

O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 8ª - 2º f) de execución do orzamento 2006, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade.

7.— PUBLICIDADE
Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

8.— ÓRGANO COMPETENTE
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2006 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

9.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.



Boletín Oficial da Provincia, data 28/06/06, número 123, páxina 24, anuncio 2006006186.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/06/2006 11:30
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/