[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2003 

Prezo público polos servicios prestados
coa máquina fitosanitaria

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos servicios de análises prestados coa máquina de tratamentos fitosanitarios.

SEGUNDO. OBRIGA DE PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades que o soliciten ou se beneficien dos servicios que se presten coa máquina fitosanitaria.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía destes prezos públicos serán as que figuran no ANEXO I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou entidades interesadas nos servicios da máquina fitosanitaria presentarán, previamente, na sección de Recursos Económicos, unha solicitude comprensiva dos datos e documentos necesarios para a prestación do servicio e a liquidación do depósito.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servicio. Non obstante, este considérase iniciado no momento de presentar a solicitude.
     
  2. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servicio, no momento de presentar a solicitude.
     
  3. O pagamento da liquidación definitiva farase efectivo en vía voluntaria no prazo dun mes desde a notificación. Se non se fixese efectivo neste prazo esixirase por vía de prema.

SEXTO. ENTRADA EN VIGOR

    Este acordo entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, empezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1990 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/08/2003 06:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/