[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2003 

Prezo público pola prestación de
servicios de análise na "Finca Areeiro"

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos servicios de análise que se prestan na "Finca Areeiro".

SEGUNDO. OBRIGA DE PAGAMENTO

    Están obrigados a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e as entidades que soliciten os servicios de análise da "Finca Areeiro".

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía deste prezo público figuran no ANEXO I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou entidades interesadas nos servicios de análise que se prestan na "Finca Areeiro", solicitaranos ante os servicios administrativos desta, debendo acreditar a constitución do depósito previo. O importe do depósito determinarase de acordo coas contías sinaladas no ANEXO I deste acordo.
     
  2. O pagamento do depósito acreditarase coa factura ou documento análogo expedido pola sección de Recursos Económicos.
     
  3. A xestión do IVE realizaraa o servicio de Agricultura.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servicio. Non obstante, o servicio considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude.
     
  2. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servicio, no momento de solicitalo.

SEXTO. ENTRADA EN VIGOR

    O presente acordo, que entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1990 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/04/2011 13:35
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/