[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 14 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

ORDENANZAS 2003 

Ordenanza fiscal do recargo provincial sobre o Imposto de Actividades Económicas

ARTIGO 1

    A Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle concede o artigo 124 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, acorda establecer un recargo do trinta por cento sobre as cotas mínimas do Imposto sobre Actividades Económicas.

ARTIGO 2

    A xestión do recargo levaraa a cabo, xuntamente coas cotas do Imposto de Actividades Económicas, a entidade que teña atribuída a xestión deste (art. 124-3 da Lei 39/88).

ARTIGO 3

    Cando a xestión a leve a cabo unha entidade distinta da Deputación, esta entidade verase obrigada a entregarlle a recadación á Deputación nos 45 días seguintes ó remate do período voluntario de cobranza. A recadación obtida por ingreso directo como consecuencia de altas ou rectificacións ingresarase na Deputación mensualmente.
     
    En calquera caso, a entidade xestora remitiralle á Deputación unha copia certificada do Padrón e a relación de altas así como a certificación da recadación obtida polo recargo en cada período voluntario.

ARTIGO 4

    O non ingresa-la recadación nos prazos indicados autorizará á Deputación a esixi-lo interese de mora previsto no art. 36 da Lei xeral presupostaria e, en todo caso, a reter calquera cantidade que a Deputación lle deba facer efectiva por calquera motivo, á entidade xestora, podendo practica-las compensacións correspondentes, directamente ou ben solicitala da Dirección Xeral de Coordinación coas Facendas Territoriais, segundo o regulamento de Recadación, con cargo ás participacións en tributos do Estado; a estes efectos a Deputación poderá levar a cabo estimacións indirectas das cantidades liquidadas e recadadas en base á contía dos padróns e ás altas do propio exercicio ou exercicios anteriores, estimando a recadación nun 90% do liquidado.

DISPOSICIÓN FINAL

    A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/07/2003 16:06
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/