[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2003 

Prezo público pola venda de mapas do Padroado de Turismo "Rías Baixas"

A Comisión de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 48, 121, 129 e concordantes da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Comisión de Goberno para establecer e modificar os prezos públicos, e co obxecto de fixar a estructura e contía e demais aspectos necesarios para axilizar a xestión e recadación deste prezo público, acorda:

PRIMEIRO. CONTIDO

    Este prezo público esixirase pola venda de mapas propiedade do Padroado de Turismo "Rías Baixas".

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas ou entidades que compren mapas propiedade do Padroado de Turismo.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e importes deste prezo público figuran no anexo a este acordo regulador.

CUARTO. NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGAMENTO

    A obriga de pagamento deste prezo público nace no momento de entregarlle os mapas á persoa ou entidade que os solicite. Non obstante, esixirase o pagamento do prezo con carácter previo á entrega dos mapas, en calidade de depósito.

QUINTO. NORMAS DE XESTIÓN

    As persoas ou entidades interesadas na compra de mapas dirixiranse ó interventor do Padroado de Turismo co obxecto de que se lle practique a liquidación do prezo público. Unha vez aboado este e coa correspondente carta de pagamento dirixirase ó secretario-administrador para recollelos.

SEXTO. CONTROL E CUSTODIA DO MATERIAL

    Os mapas serán obxecto dunha adecuada contabilización; este material valorarase ó prezo do custo de producción ou adquisición.
     
    Estes mapas estarán depositados e custodiados baixo a responsabilidade do secretario-administrador do Padroado de Turismo.
     
    As entregas gratuítas deste material requiren autorización da Presidencia do Padroado.

SÉTIMO. ENTRADA EN VIGOR

    A modificación destas tarifas aprobouna a Comisión de Goberno o día 24 de outubro de 2002.
     
    Estas tarifas modificadas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2003.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/08/2003 06:57
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/