[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 13 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2003 

Prezo público polos servicios na
World Wide Web Rías Baixas

A Comisión de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 78, 121,129 e concordantes da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos e do acordo de delegación do Pleno na Comisión de Goberno para establecer e modificar os prezos públicos, fixar a estructura e contía e demais aspectos necesarios para axilizar a xestión e recadación deste prezo público, acorda:

PRIMEIRO. CONTIDO

    Este prezo público esixirase pola prestación dos servicios de aloxamento, busca e administración de hoteis na World Wide Rías Baixas.

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas ou entidades que se beneficien dos servicios ou actividades de aloxamento, busca e administración de hoteis na World Wide Web Rías Baixas.

TERCEIRO. CONTÍA

    As tarifas deste prezo público figuran no anexo a este acordo regulador.
     
    Sobre os importes resultantes aplicarase o tipo de gravame do IVE que corresponda.

CUARTO. NACEMENTO DA OBRIGA Ó PAGAMENTO

    A obriga de pagamento deste prezo público nace no momento da prestación dos servicios ou realización das actividades obxecto deste prezo público. Non obstante, esixirase o pagamento do prezo previamente á prestación dos servicios ou realización das actividades, en calidade de depósito.

QUINTO. NORMAS DE XESTIÓN

    As persoas ou entidades interesadas na prestación dos servicios ou realización das actividades obxecto deste prezo público presentarán un escrito no que detallarán os servicios ou actividades que desexen recibir. Practicada a liquidación correspondente e ingresado o seu importe darase traslado da petición á empresa encargada de manter a web do Padroado de Turismo para que empece a prestar os servicios ou realizar as actividades solicitadas.

SEXTO. ESIXIBILIDADE

  1. Servicios non periódicos (alta no sistema):
    A obriga de satisfacer o prezo público nace no momento de presentar a solicitude de prestación dos servicios obxecto deste acordo regulador.
     
  2. Servicios periódicos (mantemento no sistema):
    Nace a obriga de pagar o prezo público o primeiro día de cada ano natural.

SÉTIMO. LIQUIDACIÓN

  1. Servicios non periódicos (alta no sistema):
    No momento de presentar a solicitude de prestación do servicio ou posteriormente, pero sempre con carácter previo á prestación do servicio ou realización da actividade.
     
  2. Servicios periódicos (mantemento no sistema):
    Practicarase a liquidación única anual ou coa periodicidade que se determine nas tarifas deste prezo público.

OITAVO. INGRESO

  1. Liquidacións puntuais (servicios non periódicos):
    En efectivo, na caixa do Padroado de Turismo ou na/as entidade/s financeira/s que se indique na notificación da liquidación; o ingreso realizarase con anterioridade á prestación dos servicios solicitados.
     
  2. Liquidacións periódicas (mantemento):
    En efectivo, na caixa do Padroado de Turismo ou na/s entidade/s financeira/s; os prazos son os que se indiquen na notificación de liquidación.

NOVENO. ENTRADA EN VIGOR

    Este prezo público entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/08/2003 08:30
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/