[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases reguladoras de axudas económicas a cooperativas da provincia de Pontevedra

Bases

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 30 de xuño de 2006, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES REGULADORAS DE AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

PRINCIPIOS XERAIS
A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia das Cooperativas e o movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas ás mesmas e que se rexerán polas presentes bases.

1.— OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas económicas ás Cooperativas da Provincia de Pontevedra que outorgue a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 06/711.711.789.00 cun crédito inicial de noventa mil (90.000,00) euros.

2.—ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN
2.1.—Serán obxecto de axuda os investimentos realizados polas cooperativas, para mellorar os servizos que preste ós socios (construccións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan investimentos, estudos técnicos, mobiliario, etc.).
2.2.—As axudas económicas poderán alcanzar ata o 50% do investimento realizado, sempre que sexan compatibles con outras axudas recibidas para o mesmo investimento por outros organismos e que en ningún caso a concorrencia destas superará o custo do investimento realizado.

3.—ÓRGANO DE CONCESIÓN
O órgano competente para a concesión destas axudas e o Ilmo. Sr. Presidente, salvo aquelas que, sendo competencia orixinaria da presidencia, superen os 60.102,00 ?, nese caso serían competencia de la Xunta de Goberno, previo ditame da Comisión de Agricultura e Gandería, salvo en casos de urxencia na que se podería conceder a axuda e dando conta posteriormente á Comisión.

4.—BENEFICIARIOS
Poderá solicitar as axudas calquera cooperativa agraria da Provincia de Pontevedra, tendo prioridade para a percepción das axudas, as cooperativas de segundo grado e as cooperativas que teñan maior número de socios.

5.—FORMULACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, achegándose a documentación seguinte:

  1. Instancia asinada polo Presidente da Cooperativa, fotocopias compulsadas do D.N.I. do solicitante e C.I.F. da Cooperativa.
  2. Acordo do órgano de Goberno da Cooperativa autorizando a solicitude da axuda.
  3. Memoria descritiva do investimento a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos e maquinaria, obras, estudos técnicos, mobiliario, etc.Nas obras achegarase orzamento técnico das mesmas, coas unidades de obra desagregada e prezo unitario das mesmas.
  4. Certificado de acordo da xunta de goberno da Cooperativa comprometéndose á realización das obras.
  5. Certificación, na que conste si se solicitaron ou se obtiveron axudas para os investimentos para os que solicita axuda doutras administracións públicas, e a súa contía en relación co orzamento total dos investimentos a realizar.
  6. Tarxeta de identificación fiscal e certificado da conta bancaria.
  7. Número de Socios de cada cooperativa e categoría da mesma.
  8. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000,00 euros, no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000,00 euros no suposto de subministro de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención (art. 31.3 Lei 38/03). Esta situación deberá acreditarse no expediente da subvención concedida.
  9. Certificación de estar o corrente de pago coa Seguridade Social e das súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas.
  10. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo terase por desistido arquivándose sen máis trámites.
  11. Declaración asinada polo Presidente da Cooperativa conforme non está incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvenciones públicas, de acordo co especificado no art. 13 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións.
  12. Declaración do Presidente da Cooperativa de realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvenciones, de acordo co establecido no art. 14 da Lei Xeral de Subvencións.

6).—VALORACIÓN E CONCESIÓN
As axudas solicitadas serán valoradas polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración

  • Número de socios da Cooperativa, SAT ou organización de productores ata un máximo de 10 puntos.
  • Cooperativas de segundo grado fronte a Cooperativas de primeiro grado 10 puntos.
  • Características e interese da actuación ata un máximo de 10 puntos.

7).—PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As axudas que se contemplan na presente Convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, durante trinta (30) días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, no Servicio Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es.

8).—XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
8.1.—Para recibir as subvenciones concedidas será necesario presentar na Deputación Provincial, os seguintes documentos:

  1. Escrito asinado polo Presidente da Cooperativa, dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra solicitando o pago da axuda concedida.
  2. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas das mesmas ou certificación das obras realizadas firmada por técnico competente.
  3. Certificación da axuda recibida ou concedida para os mesmos investimentos por outros organismos públicos e a súa contía con respecto ó gasto total realizado.
  4. Certificación de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social, a A.E.A.T. e a Excma. Deputación.
  5. Conta xustificativa dos gastos na que se determinará o custo ou gasto total da actividade subvencionada e declaración responsable de que os gastos que figuran nela foron aplicados á finalidade subvencionada.

8.2.—A efectos de xustificación do gasto, en ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda (art. 31.8 Lei 38/03), polo que tales extremos se xustificarán no expediente.
8.3.—Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade a finalización do período de xustificación (art. 31.2 Lei 38/03, Xeral de Subvencións)
8.4.—A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase, en todo caso antes do 31 de outubro de 2007.

9).—CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condiciones que se esixen para a concesión de subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo os resultados no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

10).—RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nas BASES e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas.
As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas.
Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuaranse de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

11).—PRAZO
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da subvención, tal como se recolle no art. 25.4 e 5 da Lei Xeral de Subvencións.



Boletín Oficial da Provincia, data 19/07/06, número 138, páxina 09, anuncio 2006006872.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/07/2006 12:12
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/