Hemeroteca
A hemeroteca nace anexa á propia biblioteca e ás necesidades da institución, para dispor das diferentes publicacións oficiais. Adquiriuse en soporte microfilm toda a lexislación española e a Gaceta de Madrid dende 1711. Recentemente fíxose un esforzo no baldeirado de sumarios de revistas que están accesibles a través da base de datos.
As diferentes publicacións poden consultarse no antigo Fogar provincial, rúa Padre Amoedo, núm. 1 – 36002 Pontevedra. BR>Teléfono 986 804 100 e 886 201 000; Fax: 886 201 180
Enderezo electrónico: biblioteca@depo.gal.
Servizos:
- Lectura de datos en soporte microfilm
- Consulta de base de datos informatizada e do baldeirado dos sumarios das revistas
- Asistencia e consulta para a administración pública e os cidadáns, respostas vía fax e correo electrónico
|