[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 13 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán

ATRIBUCIÓNS DO PRESIDENTE 

Atribucións do Presidente1

Correspóndelle ó presidente da Deputación:

  • a. Dirixir o goberno e a administración da provincia

  • b. Representar a Deputación

  • c. Convocar e presidir as sesións do Pleno, agás os supostos previstos na presente lei e na lexislación electoral xeral, da Comisión de Goberno e calquera outro órgano da Deputación, e decidir os empates con voto de calidade.

  • d. Dirixir, inspeccionar e impulsar os servicios e as obras dos cales a titularidade do exercicio lle corresponde á Deputación Provincial.

  • e. Asegurar a xestión dos servicios propios da Comunidade Autónoma, da cal a xestión ordinaria lle está encomendada á Deputación.

  • f. Desenvolver a xestión económica de acordo co orzamento aprobado, dispor gastos dentro dos límites da súa competencia, concertar operacións de crédito, excluídas as contempladas no artigo 158.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, sempre que aquelas estean previstas no orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 10% dos seus recursos ordinarios, agás as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15% dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, ordenar pagamentos e render contas; todo isto de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais (apartado redactado segundo a Lei 55/1999, de 29 de decembro).

  • g. Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e o cadro aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuír as retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.

  • h. Desempeñar a xefatura superior de todo o persoal e acordar o seu nomeamento e sancións, incluída a separación do servicio dos funcionarios da Corporación e o despido do persoal laboral, dándolle conta ó Pleno na primeira sesión que teña lugar. Esta atribución entenderase sen prexuízo do previsto no artigo 99.1 e 3 desta lei.

  • i. O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa da Deputación nas materias da súa competencia, incluso cando fosen delegadas noutro órgano, e, en caso de urxencia, en materias da competencia do Pleno; neste último suposto dándolle conta a este na primeira sesión que teña lugar para a súa ratificación.

  • j. A iniciativa para propoñerlle ó Pleno a declaración de lesivo en materia da competencia do presidente.

  • k. As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, o 1.000.000.000 de pesetas; incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida ós recursos ordinarios de orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada (apartado redactado conforme a Lei 55/1999 de 29 de decembro).

  • l. Aprobar os proxectos de obras e de servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.

  • m. Adquirir os bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento nin os 500.000.000 de pesetas, así como o alleamento de patrimonio que non supere a porcentaxe e a contía indicados nos seguintes supostos:

    • A de bens inmobles, sempre que estea prevista no orzamento.

    • A de bens mobles, agás os declarados de valor histórico ou artístico dos cales o alleamento non se atope previsto no orzamento.

  • n. Ordenar a publicación e execución e facer cumprir os acordos da Deputación.

  • o. As demais que expresamente lle atribúan as leis.

  • p. O exercicio daquelas outras atribucións que a lexislación do Estado ou das comunidades autónomas lle asigne á Deputación e non lles estean expresamente atribuídas a outros órganos.

O presidente pode delegar o exercicio das súas atribucións, agás a de convocar e presidir as sesións do Pleno e da Comisión de Goberno, decidir os empates co voto de calidade, concertar operacións de crédito, a xefatura superior de todo o persoal, a separación do servicio dos funcionarios e o despido do persoal laboral, e as enunciadas nos apartados a), i) e j) do número anterior.

Correspóndelle, así mesmo ó presidente nomear os vicepresidentes. (artigo redactado conforme a Lei 11/1999, de 21 de abril).

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/12/2003 13:33
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/