[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 21 DE XANEIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio
Internet rural
Convocatoria 2004
Convocatoria 2005

DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Deputación de Pontevedra

Instrucións reguladoras para a concesión de axudas individuais para as persoas usuarias na participación das accións do proxecto Aquelando

Bases | Anexo I | Anexo II

1.— FINALIDADE
Estas axudas teñen a finalidade de apoiar economicamente a participación das persoas beneficiarias do proxecto “Aquelando” nos distintos módulos formativos e na práctica laboral nas entidades colaboradoras para que a súa participación non supoña un gasto ás persoas beneficiarias do proxecto.

2.— TIPO DE AXUDA
A bolsa prevista establécese como medida de fomento da formación e aptitude para o emprego e ten carácter mensual durante o tempo que dure as prácticas laborais e a formación.

3.— PRINCIPIO DA XESTIÓN DAS AXUDAS
A xestión destas axudas realizarase de acordo cos seguintes principios:

  • Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
  • Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados.
  • Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

4.— PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán beneficiarse destas axudas:

  • Persoas desempregadas.
  • Inmigrantes e emigrantes retornados/as, minorías étnicas, discapacitados/as, persoas vítimas de violencia de xénero e calquera outra persoa en situación de risco de exclusión social (prioritariamente mulleres).

5.— REQUISITOS PARA ACCEDER ÁS AXUDAS E FORMA DE ACREDITALOS
Son requisitos imprescindibles para acceder á axuda:

  • Pertencer a algún dos colectivos sinalados no apartado anterior: achegando Certificado de empadroamento e a tarxeta de demandante de emprego da oficina do INEM onde se atope inscrito.

As persoas emigrantes retornadas haberán de residir legalmente en España. Esta condición acreditarase mediante o DNI, a baixa consular ou o certificado de emigrante retornado/a. As persoas inmigrantes terán que estar en situación regular en España. Achegarán o número de identidade de estranxeiros/as (NIE) e, como mínimo, a autorización de residencia legal en España.

As persoas con especiais dificultades para obter un emprego, valorarase o acompañamento dun Informe do Servizo Público de Emprego ou de entidades que traballen na inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social. As persoas que padezan algunha minusvalía, acompañar do Certificado de Minusvalía, debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.

  • Participar nos itinerarios personalizados que prevé o proxecto. A participación nas accións acreditarase mediante o documento de control de asistencia que achegarán, no seu caso, as entidades responsables da execución de cada unha das accións do itinerario correspondente.
  • Asistir, polo menos, ó 75% das horas lectivas previstas nos cursos dos itinerarios formativos e nas sesións de asistencia técnica programadas.

6.— CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DA AXUDA
A concesión da axuda estará condicionada ó cumprimento do réxime de compatibilidade ou incompatibilidade da bolsa de formación do proxecto Aquelando con outras axudas de carácter social que estean a percibir as persoas usuarias do proxecto.

A dita axuda ten carácter compensatorio e non retributiva e para a súa concesión non hai necesidade de afiliarse ó réxime da seguridade social.

Establecéndose:

  • Incompatibilidade coa percepción da prestación e subsidio por desemprego así como con outras axudas públicas para a mesma finalidade, a pensión contributiva de IP absoluta e gran invalidez, a axuda económica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero (de pagamento único) e a axuda do programa Berenguela1.
  • Compatibilidade coa percepción das seguintes axudas: RISGA (Renda de Integración Social Galega), RAI (Renda Activa de Inserción)2. Prestación por fillo a cargo minusválido, pensións de IP parcial e total (se a IP total é cualificada, o incremento da base reguladora é incompatible co exercicio de calquera actividade), as pensións non contributivas, a prestación periódica a mulleres que sofren violencia de xénero.
  1. Se a dita axuda está destinada ó mesmo fin, pero se a axuda se destina para outro fin é compatible.
  2. Sempre e cando sexa considerada como unha acción formativa do Plan Nacional de Formación Profesional. (Estase a tramitar a homologación da formación do proxecto)

7.— ALCANCE E DETERMINACIÓN DO IMPORTE DAS AXUDAS

  • As accións dos itinerarios do proxecto AQUELANDO ás que se lle aplicarán as axudas previstas para os usuarios do proxecto, serán as seguintes:

    Acción 2. Formación ocupacional e profesional: Preformación e competencias persoais, formación ocupacional, formación modular, formación en análise de mercado de atención a persoas e formación en busca de emprego.

    Acción 3. Prácticas profesionais en entidades.

    O importe das axudas previstas calcularase en función do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) previsto para o ano 2006, que ascende a 479,10 € e non poderán superar o 75% da contía fixada para o mencionado indicador (359,30 €).

  • O importe da axuda por mes será, como mínimo, de 176,15 €e concederase polo tempo que as persoas usuarias do proxecto participen nos módulos de práctica laboral e formación teórica.
  • Os criterios obxectivos para a concesión do importe das axudas serán: o número de usuarios con dereito a bolsa; o cumprimento dos requisitos propios relativos á aceptación como usuarios no proxecto Aquelando; a comprobación das incompatibilidades con calquera outro tipo de percepción económica

8.— PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN

8.1 Presentación As solicitudes presentaranse conforme ó modelo establecido como Anexo I asinado polo/a solicitante, no momento que a persoa sexa seleccionada para a súa inclusión no proxecto, nas dependencias de Proxecto Aquelando Cidade Infantil Príncipe Felipe, Avda. de Montecelo,12 - 36161 Pontevedra e en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8.2 Prazo de presentación O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día seguinte da publicación destas instrucións no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra con suxeición ás dispoñibilidades orzamentarias do proxecto Aquelando. E rematará cando finalice o proceso de formación e prácticas profesionais dos usuarios nas entidades correspondentes. Sen prexuízo do anterior, poderase admitir novas solicitudes fóra de prazo por causas debidamente xustificadas.

8.3 Tramitación das solicitudes As solicitudes da bolsa de formación tramitaranse a través do Equipo Técnico do proxecto quen recompilará a totalidade de solicitudes presentadas na forma prevista no punto 8.1 e examinaraas para se asegurar de que estean debidamente cubertas e de que acompañan toda a documentación necesaria. Así mesmo, recibirá os documentos de control de asistencia que achegarán as entidades responsables da execución de cada unha das accións do itinerario ás que alcanzan as axudas obxecto destas instrucións.

A continuación comprobará o cumprimento dos requisitos propios da axuda a efectos de realizar o pagamento das peticións de axudas mensuais.

No caso de que a solicitude non estivera debidamente cumprimentada ou non se achegara a totalidade da documentación esixida, o Equipo Técnico requirirá ás persoas solicitantes para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos nun prazo máximo de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ó da recepción do requirimento, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coa indicación de que, se así non o fixesen, teríanse por desistidos/as das súa petición, despois de resolución, que deberá de ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

8.4 Resolución A competencia para resolver as solicitudes de axudas individuais recollidas nestas instrucións corresponderá ó Xerente do Proxecto Aquelando e ó Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a proposta do Equipo Técnico do proxecto e logo do exame polos órganos de xestión económica-financeira respectivos, conforme ó establecido no procedemento de autorización de gastos.

A resolución ten que ser motivada, podendo aprobar a solicitude de axuda na contía proposta ou denegala na súa totalidade, segundo as incompatibilidades establecidas no punto 6.

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa.

8.5 Forma de pago O pago das solicitudes que sexan aprobadas efectuarase mediante ingreso bancario no momento que o equipo técnico reciba e comprobe os documentos de control de asistencia ás accións de formación.

9.— REVOGACIÓN DAS AXUDAS
Será motivo de revogación das axudas o abandono ou faltas continuadas ás actividades que deron lugar a súa concesión.

Enténdese que existen faltas continuadas cando estas acaden o 25% das horas lectivas previstas nos cursos dos itinerarios integrais ou nas prácticas laborais nas que participe cada beneficiario/a.

10.— OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS E INCOMPATIBILIDADE DAS AXUDAS
As persoas beneficiarias das axudas quedarán obrigadas a someterse ás actuacións de comprobacións e facilitar a información que lle sexa solicitada polo Equipo Técnico, polo Ministerio de Administracións Públicas e polos órganos competentes da Unión Europea.

Con esta finalidade, deberán de presentar unha declaración das axudas que teña solicitadas ou que estean a percibir conforme ó modelo que se achega como Anexo II para poder verificar a compatibilidade ou incompatibilidade destas seguindo o establecido no punto 6 das presentes instrucións reguladoras.

11.— LIMITACIÓN DAS AXUDAS
O desenvolvemento desta axuda quedará supeditado ó orzamento establecido para a prestación directa de axudas no proxecto Aquelando, con cargo á partida 06/313.327.480.01.

As axudas aboaranse ata o esgotamento do orzamento existente seguindo a orde cronolóxica das actuacións dos itinerarios prevista na memoria do proxecto.



Boletín Oficial da Provincia, data 18/08/06, número 158, páxina 17, anuncio 2006007715.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/08/2006 14:06
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/