[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cañiza, A » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cañiza, A
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
CAÑIZA, A 

A documentación

Neste local instaláronse as 2.559 unidades resultantes do proceso organizativo logo do proceso de actualización e adaptación á proposta elaborada para a organización de arquivos municipais a nivel nacional.

Como se deduce do volume documental conservado, a pesar do coidado actual e das actuacións dos últimos anos, foron notorias as perdas producidas ó longo dos anos, aínda que se conservan fondos do século XIX en bastantes das series documentais.

Consérvanse as actas do Pleno dende 1844 con notable continuidade, e as doutros órganos colexiados de goberno como a Comisión Municipal Permanente ou as diferentes Xuntas, destacando entre elas a de Sanidade, dende 1847, a de Beneficencia dende 1853 e a de Ensino dende 1844, ou a Xunta Pericial, dende 1853.

A pesar de contar con testemuños documentais da constitución do Concello de 1820, a maior parte do fondo corresponde ó século vinte e as seccións de FACENDA, derivadas do control e xestión presupostaria, e de SERVIZOS, principalmente relacionadas coas subseccións de obras e urbanismo, poboación e quintas e milicias.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, conta cunha completa gama de instrumentos descriptivos, que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático nunha base de datos formada por 24.007 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:13
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/