[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 17 DE XANEIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cotobade » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cotobade
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
COTOBADE 

O local

A casa do concello é unha moderna edificación inaugurada no ano 1978 e remozada a fin de mellora-la súa calidade estética con posterioridade; en xeral goza dunhas axeitadas condicións de espacio e funcionalidade; distribúese en baixo, planta e baixo cuberta, contando ademais co aproveitamento do soto para almacén e garaxe de vehículos municipais.

Tradicionalmente o local dedicado a arquivo municipal ocupaba todo o baixo cuberta do edificio, con acceso directo por unha ampla escalinata dende as propias oficinas; presenta unha estructura rectangular perfectamente regular, con algo máis de oitenta e sete metros cadrados útiles.

A insuficiencia espacial e determinados problemas estructurais derivados da capacidade de carga do baixo cuberta obrigaron a utilizar dúas salas nun edificio multiusos próximo ao concello, para dispola documentación do arquivo, procedendose ao traslado do conxunto da documentación, logo de equipar esta nova instalación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/09/2016 13:07
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/