[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Convocatoria dunha bolsa de Enxeñeiro Agrónomo e outra de Enxeñeiro Técnico Agrícola

Bases | Formulario de solicitude

Bases

Convocatoria para a adxudicación de dúas bolsas, unha de Enxeñeiro Agrónomo e outra de Enxeñeiro Técnico Agrícola, para a realización de tarefas de investigacion a desenvolver na Cooperativa Horsal e na Cooperativa Hortumia.

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, por concurso de méritos, de dúas bolsas, unha de Enxeñiero Agrónomo e outra de Enxeñeiro Técnico Agrícola, para a realización de tarefas de investigación e traballos de fomento do cooperativismo e creación de cooperativas de segundo grao, a desenvolver nas Cooperativas “Horsal” e “Hortumia” de Cambados.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de licenciado en Enxeñeiro Agrónomo ou Enxeñeiro Técnico Agrícola, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 06/711.711.481.02 do orzamento provincial.

O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce das bolsas será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, onde deberá constar a nota media do expediente, calculada según o sistema establecido no RD 1497/87, modificado polo RD 1267/94.
  4. Currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  6. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    Deputado delegado do Servicio Agrario desta Deputación Provincial ou deputado en quen delegue.
    O Enxeñeiro director do Servicio Agrario desta Deputación Provincial.
    Funcionario Técnico superior do Servicio Agrario pertenecente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de mais da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección dos bolseiros efectuarase conforme o seguinte baremo:

  1. Polo expediente académico ata un máximo de tres (3) puntos.
    No caso de que no expediente académico non conste a nota media do expediente, calculada según o sistema establecido no RD 1497/87, modificado polo RD 1267/94, será valorado con 0 puntos.
  2. Por ter asistido a cursos de doutoramento, de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiáis, universidades, colexios oficiáis ou escolas da Administración pública relacionados coa actividade obxeto desta convocatoria, ata un máximo de 2 (dous) puntos, computándose por curso:
    1. De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos / curso
    2. De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos / curso
    3. De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos / curso
    4. De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos / curso
    5. De 10 ou máis créditos 0,25 puntos / curso
    6. De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos / curso
    7. De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos / curso
    8. De entre 1 e 2 créditos 0,10 puntos/ curso
  3. Por acreditar experiencia en traballos relacionados co obxeto da convocatoria: 0,20 puntos por ano ou fracción superior a seis (6) meses, ata un máximo de un (1) punto.

Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno, valorándose de 0 a 3 puntos.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas os aspirantes que considere máis idóneos para realizar as tarefas obxeto desta convocatoria nas cooperativas “Horsal” e “Hortumia” de Cambados.

Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de seis (6) meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comezaron o seu desempeño nas cooperativas “Horsal” e “Hortumia” de Cambados.
    Poderán ser prorrogadas ate otros seis (6) meses, a vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e co acordo da Xunta de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observa-lo horario de traballo e disciplina fixada polos responsabeis do Servicio Agrario, quedando suxeitos o Regulamento deste Servicio, cooperando cos técnicos nos traballos que o Enxeñeiro-Director deste Servicio estime oportunos.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. Os bolseiros non poderán renunciar á bolsa da que sexan beneficiarios ata o transcurso, cando menos, de tres meses desde a data da súa adxudicación.
  6. A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículm. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non haber obtido a bolsa ofertada, os candidatos poderán retira-la documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases.

11.— DERECHOS SUPLETORIOS
A convoatoria das bolsas, a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxetaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademáis, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Pontevedra, 14 de agosto de 2006
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 07/09/06, número 172, páxina 5, anuncio 2006008184.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2006 11:29
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/