[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 25 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina 1 2 3 4 [5]
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

bolsa de licenciado en Bioloxía para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnica de bioloxía molecular na Finca Areeiro

Anuncio | Instancia | Adxudicación

Anuncio

Convocatoria dunha bolsa de licenciado en Bioloxía para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnica de bioloxía molecular na Finca Areeiro dependente do Servizo Agrario da Excma. Deputación Provincial.

De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica de Areeiro e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Excma. Deputación Provincial convoca unha bolsa de licenciado en Bioloxía para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro, consonte as seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO
Esta bolsa ten por obxecto a realización tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro dependente do Servizo Agrario da Deputación Provincial.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

  1. Ser español.
  2. Estar en posesión do título de licenciado en Bioloxía, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 05/711.711.481.01 do orzamento provincial

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do título de enxeñeiro superior agrónomo, de montes ou en ciencias biolóxicas, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instacias.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Méritos relacionados cos traballos de investigación para realizar debidamente xustificados.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    - o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    - un deputado provincial
    - un representante da Finca Areeiro
    - un funcionario técnico superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    - o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue

Tódolos membros terán voz e voto.

A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de tres puntos
  2. Outros méritos, ata un máximo de tres puntos
    1. Por ter realizado a tese, ata un máximo dun punto
    2. Por ter realizado másters ou cursos relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun punto
    3. Por acreditar outros méritos non comprendidos nos apartados anteriores e relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun punto.

7.— RESOLUCIÓN
A comisión seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere mais idóneo para realizar tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou na Finca Areeiro e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e o acordo da Comisión de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observa-lo horario de traballo e a disciplina da Finca Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. Aceptar e beneficiarse desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículm. A resolución da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolve-las dúbidas que se lle presenten e toma-los acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2005
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 22/02/05, número 36, páxina 13, anuncio 2005001386.

Páxina 1 2 3 4 [5]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/05/2005 14:29
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/