[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cerdedo » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cerdedo
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
CERDEDO 

Introducción

O concello de Cerdedo enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 49 entidades de poboación dispersas en 79 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 4.000 habitantes.

Fórmano na actualidade un total de oito parroquias: Castro, Cerdedo, Figueroa, Folgoso, Parada, Pedre, Quireza e Tomonde.

No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen a totalidade das parroquias deste concello.

Estaba enclavado inicialmente no Partido Xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, territorio no que viña funcionando a finais do século XVIII e primeiros do XIX de forma irregular o concello de Figueroa.

Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécese para o Partido Xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo.

Créase este último cun total de nove parroquias, unha máis das actuais, sendo a de Santa María de Castrelo segregada e incorporada ó concello de Forcarei no ano 1872. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868.

Do funcionamento continuado do Concello xorde un conxunto documental, conservado parcialmente e que foi obxecto de sucesivas actuacións por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación, na que se dispón en locais equipados para a súa conservación, tratamento e consulta.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1986, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e equipamento do local.

O resultado destes traballos publicouse inicialmente no número 15 da colección “Plan de Organización de Archivos Municipales”, e recollía no ano 1992 a realidade do inventario do arquivo municipal.

Na actualidade, esta nova publicación reflicte, logo de rematados os últimos procesos técnicos, de xeito somero o inventario e o cadro de clasificación específico. Todo esto poderá completarse co inventario detallado, impreso e informatizado, a disposición no propio Concello para o manexo destes fondos e para o seu usufructo eficaz tanto por parte da Administración coma por posibles usuarios.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/11/2003 10:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/