[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 21 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de Pontevedra

Convocatoria dunha bolsa de Enxeñeiro Agrónomo para a realización de tarefas de investigación en viticultura e dependente do Servizo Agrario

Bases | Formulario de solicitude

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 29 de decembro de 2006, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Fóra da Orde do Día, e previa declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo:

“16.14689. Aprobación das bases da convocatoria dunha bolsa de Enxeñeiro Agrónomo para a realización de tarefas de investigación en viticultura e dependente do Servizo Agrario

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo Agrario, así como do artigo 35.2b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha bolsa de Enxeñeiro Agrónomo para a realización de tarefas de investigación en viticultura e dependente do Servizo Agrario desta Excma. Deputación Provincial.

O custo desta bolsa ascende a un total mensual de 841,41 € cada unha e imputarase á partida 711.711.480.02 do próximo orzamento provincial.

Ditas bases son como segue:

Convocatoria para a adxudicación de unha bolsa de Enxeñeiro Agrónomo para a realización de tarefas de Investigacion en viticultura y dependiente del Servicio Agrario desta Excma. Deputación Provincial.

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, por concurso de méritos, de unha bolsa de Enxeñiero Agrónomo para a realización de tarefas de investigación en viticultura (Abonados, plantacións, sistemas de cultivos, podas, plagas e enfermidades, etc.) dependente do Servicio Agrario.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de licenciado en Enxeñeiro Agrónomo ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 711.711.481.02 do orzamento provincial.

O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce das bolsas será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, onde deberá constar a nota media do expediente, calculada según o sistema establecido no RD 1497/87, modificado polo RD 1267/94.
  4. Currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  6. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    Deputado delegado do Servicio Agrario desta Deputación Provincial ou deputado en quen delegue.
    O Enxeñeiro director do Servicio Agrario desta Deputación Provincial.
    Funcionario Técnico superior do Servicio Agrario pertenecente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de mais da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección dos bolseiros efectuarase conforme o seguinte baremo:

  1. Por ter asistido a cursos de doutoramento, de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiáis, universidades, colexios oficiáis ou escolas da Administración pública relacionados coa actividade obxeto desta convocatoria, ata un máximo de 2 (dous) puntos, computándose por curso:
    1. De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos / curso.
    2. De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos / curso.
    3. De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos / curso.
    4. De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos / curso.
    5. De 10 ou máis créditos 0,25 puntos / curso.
    6. De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos / curso.
    7. De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos / curso.
    8. De entre 1 e 2 créditos 0,10 puntos/ curso.
  2. Por acreditar experiencia en traballos relacionados co obxeto da convocatoria: 0,20 puntos por ano ou fracción superior a seis (6) meses, ata un máximo de un (1) punto.
    Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno, valorándose de 0 a 3 puntos.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa o aspirante que considere máis idóneo para realizar as tarefas obxeto desta convocatoria. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración de seis (6) meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comezaron o seu desempeño.
    Poderán ser prorrogadas ate otros seis (6)meses, a vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e co acordo da Xunta de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observa-lo horario de traballo e disciplina fixada polos responsabeis do Servicio Agrario, quedando suxeitos o Regulamento deste Servicio, cooperando cos técnicos nos traballos que o Enxeñeiro-Director deste Servicio estime oportunos.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. O bolseiro non poderá renunciar á bolsa da que sexa beneficiario ata o transcurso, cando menos, de tres meses desde a data da súa adxudicación.
  6. A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículm. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.
  7. No caso de que o bolseiro, no periodo de disfrute da citada bolsa, tivese alguna baixa laboral, ó cómputo total da duración de bolsa quedará interrumpido, hasta que presente o parte de alta correspondente; salvo no caso de que dita baixa laboral sexa superior os seis ( 6) meses, en cuio caso darase por finalizada.

9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non haber obtido a bolsa ofertada, os candidatos poderán retira-la documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases.

11.— DERECHOS SUPLETORIOS
A convoatoria das bolsas, a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxetaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademáis, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

O que se comunica para seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do ROF.

Contra este acordo que pon fin á vida administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente.

Pontevedra, a 8 de xaneiro de 2007
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 18/01/07, número 13, páxina 52, anuncio 2007000338.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/01/2007 11:14
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/