[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 27 DE MAIO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Ponte Caldelas » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Ponte Caldelas
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11
PONTE CALDELAS 

O local

Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha edificación en pedra, construída en 1812, de muros sólidos e con profusión de vans, na que destaca a triple arcada da súa fachada sobre a que se dispón unha ampla balconada e o artesoado do seu salón de sesións.

A necesidade de novos espazos derivou na ampliación das instalacións mediante o enlace coa edificación lateral ocupada anteriormente pola Cámara Agraria Local a través dunha estrutura metálica e acristalada, que acolle parte das oficinas municipais e o arquivo municipal.

A falla de planificación dun espacio específico para a conservación da documentación obrigou sempre a busca de solucións provisionais, condicionadas pola estructura do edificio. Os locais dedicados a arquivo municipal situábanse na planta baixa, na ala dereita do edificio, con forma rectangular e dous niveis comunicados por unha escaleira metálica pregable; e outra pequena sala na primeira planta, a carón do salón de sesións.

A recente ampliación destinou o espazo útil resultante da creación dunha entreplanta para a ubicación das instalacións e equipamentos do arquivo municipal. Son un total de tres pequenas salas anexas pero independentes, cunha superficie total próxima ós cincuenta metros cadrados, nos que logo do seu equipamento dispúxose a documentación.

A insuficiencia espacial obrigou a habilitar un espazo para depósito dunha parte do fondo documental nunha sala ubicada nas dependencias deportivas de propiedade municipal, á que se trasladaron máis de mil unidades de instalación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2018 11:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/