[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 17 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio
Internet rural
Convocatoria 2004
Convocatoria 2005

DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Deputación de Pontevedra

Concurso de pintura. Proxecto NEA

Bases | Tríptico

A Excma Diputación Provincial de Pontevedra organiza un concurso infantil de pintura dirixido a nenos residentes na Provincia de Pontevedra. A temática do concurso está relacionada coas actividades náuticas, pois o concurso enmárcase dentro das actividades de promoción e difusión do Proxecto NEA-Experiencia Atlántica.

A finalidade do Proxecto NEA é a promoción das actividades náuticas entre a poboación da Provincia de Pontevedra así como a estimulación da práctica destas actividades co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da economía global do sector náutico.

BASES Poderán participar nenos que teñan entre 6 e 14 anos residentes na Provincia de Pontevedra.

Só se poderá enviar un máximo dun traballo por participante.

Cada traballo (pintura) deberá incluír na súa parte posterior os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do participante.
  • Curso que realiza e idade.
  • Dirección e Teléfono particular.

A técnica a empregar pode ser variada: acuarela, óleo, pastel, ceras ou lápiz... así mesmo o soporte pode ser lenzo, papel, cartón.

A dimensión máxima de 40x70 centímetros.

As pinturas que xa foran expostas en calquera outra parte ou aceptadas noutro concurso non poderán ser cualificadas neste Concurso.

PREMIOS

  • Un Primeiro Premio: CÁMARA DE FOTOS CON EXPOSICIÓN SUBACUÁTICA.
  • Dous Segundos premios: XOGO DE PRISMÁTICOS
  • Dous Terceiros Premios: EQUIPO DE SNORKEL (buceo en superficie)
  • Premio ao debuxo que represente mellor a filosofía do Proxecto NEA: UN CURSO DUNHA ACTIVIDADE NÁUTICA (vela, surf, actividades subacuáticas,piragüísmo, etc) nun Clube Náutico da provincia de Pontevedra a determinar.

PRAZOS E CONDICIÓNS
Os nenos interesados poderán enviar os seus traballos ata o 26 de marzo de 2007 ao apartado de correos 2156 de Santiago de Compostela O xurado estará formado por representantes da Exma Diputación de Pontevedra, do Proxecto NEA Experiencia Atlántica, representantes de deportes náuticos así como de expertos en pintura. A súa decisión será inapelable Os traballos expoñeranse no Patronato Rías Baixas os días 30 e 31 de marzo de 2007 onde se realizará a entrega de premios. Obsequiarase a todos os participantes asistentes á entrega de premios coa realización de actividades de formación náutica enmarcadas dentro do Proxecto Nea. Ademais sortearanse outros agasallos, entre todos os asistentes que non foran premiados.

A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases.



INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/03/2007 14:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/