[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 26 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio
Internet rural
Convocatoria 2004
Convocatoria 2005

DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Deputación Pontevedra

Concurso de fotografía. Proxecto NEA

Bases | Tríptico

A Excma. Diputación de Pontevedra convoca un concurso de fotografía enmarcado dentro das actividades do Proxecto NEA-Experiencia Atlántica que se rexerá polas seguintes:

BASES:

1. TEMÁTICA
As fotografías presentadas ao concurso deberán ter por obxecto calquera aspecto relacionado coas actividades náuticas, xa sexa dende o punto de vista deportivo, cultural, ecolóxico, lecer, turístico...etc

2. QUEN PODE PARTICIPAR
Todas as persoas, maiores de 18 anos, interesadas nesta expresión artística.

3. MATERIAL A ENVIAR
Fotografías orixinais en formato papel en cor ou branco e negro, nun tamaño que non supere os 20 X 25 cm. A efectos de evitar deterioros rógase que as fotos veñan montadas sobre un soporte ríxido de 30 X 40 cm, cun grosor máximo de 5mm. No reverso debe figurar só o título da obra. As fotografías non poderán estar retocadas nin ser obtidas utilizando filtros nin manipuladas mediante técnicas informáticas. Só se poderán enviar un máximo de DOUS traballos por participante. Cada traballo deberá ir acompañado, en sobre pechado, dunha ficha na que consten os seguintes datos:

  • Título da fotografía
  • Nome e apelidos do autor
  • Data de nacemento.
  • Dirección postal e correo electrónico.
  • Teléfono de contacto
  • Declaración de que a obra é orixinal, non recibiu ningún outro premio noutros concursos e aceptación das presentes bases.
  • Firma do autor.

4. COMO PARTICIPAR
Os participantes deberán enviar os seus traballos antes do luns 30 de abril de 2007 ao apartado de correos 2156 de Santiago de Compostela, considerarase como data de presentación a do mataselos do sobre. Calquera traballo que incumpla este prazo será automáticamente desestimado. A organización non se responsabiliza de posibles perdas ou deterioros que se produciran durante o envío.

5. PREMIOS
Establécense os seguintes premios:

  • 1º Premio: 400 euros e trofeo
  • 2º Premio: 250 euros e trofeo
  • 3º Premio: 150 euros e trofeo

6. XURADO
O xurado estará formado por representantes da Exma. Deputación de Pontevedra, representantes do Proxecto NEA, profesionais da fotografía e representantes do mundo do deporte. A súa decisión será inapelable.

7. PROCEDEMENTO DO CONCURSO
Fallo do Xurado: Unha vez recibidos os traballos no prazo sinalado no punto 4, as obras concursantes serán sometidas á consideración do xurado, que fará público o seu fallo o Sábado 5 de maio de 2007.

Entrega: Os premios entregaranse o día 5 de maio de 2007 no transcurso dunha cerimonia que se celebrará no Patronato de Turismo Rías Baixas situado na Pza. Santa María, s/n C.P. 36071 – Pontevedra

8.
Todos os traballos presentados ao concurso pasarán a ser propiedade da Deputación de Pontevedra.

9.
Os participantes neste certame ceden á Deputación de Pontevedra calquera tipo de dereitos que puidesen corresponderlles respecto das fotografías presentadas Os participantes serán os únicos e exclusivos responsables do contido das súas fotografías en canto á imaxe presentada e a esixencias legais de dereitos de imaxe ou plaxio, segundo as leis vixentes.

10.
A organización declina expresamente toda responsabilidade respecto da autenticidade dos datos expresados polos participantes en dita ficha.

11.
A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases.



INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/03/2007 14:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/