Estatutos (cont.)
CAPÍTULO II
ORGANIZACIÓN
Artigo 7.— Órganos
Por razón da súa competencia os órganos do organismo autónomo provincial serán os seguintes:
- Órganos de Goberno:
- Consello rector
- Presidente nato
- Presidente executivo
- Órganos de Dirección e Administración
- Órganos de consulta
SECCIÓN 1ª
Do Consello Rector
Artigo 8.— Composición do Consello rector
- O Consello rector estará formado polos seguintes membros:
- Presidente: O da Deputación de Pontevedra.
- Presidente executivo: O Deputado en quen delegue a Presidencia.
- Vocais: Catro Deputados provinciais, elixidos pola Corporación Provincial en Pleno con presencia
de todos os grupos políticos e en proporción a súa representación no Pleno da Corporación.
- O Secretario e o Interventor da Deputación, ou os funcionarios nos que aqueles deleguen
que asistirán ás reunións con voz pero sen voto, actuando no exercicio das funcións que lle son propias.
- Asistirá tamén ás reunións, con voz e sen voto, o Director e o Adxunto á Dirección con obxecto
de informar ou asesorar dos asuntos que lle concirnan.
Artigo 9.— Funcións do Consello rector e dereitos dos seus membros
- Son funcións do Consello rector, ademais da organización e a alta dirección do organismo, as seguintes:
- Aprobar o programa de actuación.
- Aprobar a memoria anual da xestión realizada, así como o inventario de bens.
- Aprobar o organigrama e o cadro de persoal elevando os acordos ó pleno da Deputación para a súa ratificación.
- Aprobar a proposta de modificación dos estatutos.
- Aprobar os regulamentos e normas de carácter xeral que regulen a organización e funcionamento
do organismo para a súa posterior ratificación por parte do Pleno da Deputación.
- Aprobar a proposta inicial do orzamento do organismo en virtude do disposto no artigo
168-2 do TRLHL, así como a proposta das súas modificacións cando requiran aprobación polo Pleno da Deputación, e elevalas, no seu caso, ó Pleno da Deputación para a súa aprobación, de acordo coas bases de execución do orzamento.
- Aprobar anualmente a conta xeral para os efectos previstos no artigo 212 TRLHL, para
a súa tramitación conxunta coa conta xeral da Deputación.
- Nomear ó Director a proposta do Presidente.
- A resolución de expedientes por faltas graves ou moi graves cometidas polo persoal do organismo.
- Aprobar, no seu caso, os criterios para asignarlle incentivos ó persoal cos límites das dotacións
orzamentarias.
- Aprobar a concertación de operacións de crédito dándolle conta ó Pleno da Deputaciónpara efectos da súa autorización cando proceda.
- A contratación de obras, servizos, subministros, e adquisicións cando a competencia non lle corresponda ó presidente do organismo.
- As demais que, non atribuídas especificamente nestes estatutos a algún dos órganos
de goberno ou dirección, lle correspondan ó Pleno da Deputación, entre elas a creación ou participación en sociedades mercantís.
- Os membros do Consello Rector terán os seguintes dereitos:
- Asistirán con voz e voto ás reunións do Consello.
- Poderán examinar os expedientes e cantos antecedentes se relacionen con asuntos comprendidos
na orde do día, co fin de coñecelos antes das deliberacións.
- Poderán elevar ó Consello as mocións e propostas que estimen pertinentes, relativas ós fins do organismo.
- Poderán solicitar coa suficiente antelación, petición de inclusión de asuntos na orde do día.
- Terán dereito ás asistencias que se fixen nas bases do orzamento, incluídos todos os asistentes.
|