[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 27 DE NOVEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 2ª
Do Presidente nato

Artigo 10.— Atribucións do Presidente nato
O Presidente nato da Escola é o Presidente da Deputación, e como tal terá as seguintes atribucións:

  1. Representar á Escola nos actos ou reunións ós que asista.
  2. Presidir, cando asista, as sesións dos órganos colexiados e demais actos que se celebren.

SECCIÓN 3ª
Do Presidente executivo

Artigo 11.— Atribucións do Presidente executivo
O Presidente executivo da Escola será o Deputado en quen delegue a Presidencia, e como tal terá as seguintes atribucións:

  1. Representar á Escola e presidir as sesións dos órganos colexiados cando non o faga o Presidente nato.
  2. Dirixir o goberno e a administración da Escola, e, en xeral, as equivalentes ás establecidas no Réxime Xurídico Local para o Presidente da Deputación, coas excepcións previstas nestes Estatutos e as que se poidan, en materia económica, establecer a través das bases de execución do orzamento.

SECCIÓN 4ª
Do Director

Artigo 12.— Director
O Director do organismo autónomo será designado polo Consello Rector, a proposta do Presidente da Deputación, de entre, funcionarios de carreira ou laboral das Administracións Públicas ou un profesional do sector privado, titulados superiores en ambos casos, e con máis de cinco anos de exercicio profesional no segundo.

Correspóndelle ó director as facultades seguintes:

  1. Resolver aquelas materias que expresamente sexan atribuídas polo regulamento orgánico ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello rector ou polo Presidente.
  2. A inmediata dirección e administración do organismo, das que lles dará conta, periodicamente, ó Consello rector e, de continuo, ó seu presidente.
  3. Cumprir os acordos e resolucións do Consello rector e do Presidente.
  4. En particular, son as súas funcións:
    1. Dictar actos administrativos, en relación ó exercicio das funcións de xestión que lles correspondan.
    2. Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto.
    3. Autorizar, por delegación da Presidencia para realizar horas extraordinarias, comisións de servizos con dereito a indemnización así como resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
    4. Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia.
    5. Realizar a xestión económica de acordo co orzamento aprobado, e de acordo coas competencias que se lle atribúan nas bases de execución do orzamento.
    6. Todas aquelas que lle sexan delegadas expresamente polo Presidente executivo.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2007 09:18
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/