[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 21 DE XANEIRO DE 2021
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO VI
RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO

SECCIÓN 1ª
CONTRATACION, FINANCIAMENTO E PLANIFICACION

Artigo 22.— Réxime de contratación
A contratación da Escola de Canteiros réxese polas previsións contidas ó respecto na lexislación de contratos das Administracións Públicas.

Artigo 23.— Operacións financeiras
A Escola de Canteiros poderá concertar operacións de crédito en todas as súas modalidades, así como operacións financeiras de cobertura e xestión do risco do tipo de interese e do tipo de cambio. Non obstante, precisará a previa autorización do Pleno da Deputación e Informe da Intervención para a concertación de operacións de crédito a longo prazo, conforme ó disposto no TRLHL.

SECCIÓN 2ª
CONTABILIDADE E CONTROL

Artigo 24.— Contabilidade

  1. A Escola de Canteiros estará sometida ó réxime de contabilidade pública nos termos establecidos no TRLHL.
  2. Sen prexuízo da facultade de fiscalización que lle corresponde á Intervención, serán competencias desta levar a contabilidade pública establecida pola citada Lei e as disposicións que a desenvolvan. Para a retirada ou saída de fondos ou cargos nas contas bancarias do organismo son necesarias as sinaturas que se determinen nas bases de execución do orzamento.
  3. A contabilidade do organismo levarase a cabo axustándose ó plan de contas e outras normativas aplicables ós organismos autónomos locais.
  4. As contas do organismo terá que rendelas o presidente e someteranse ó Consello Rector, órgano que as aprobará inicialmente, elevándoas á Deputación para que poidan ser integradas na conta xeral da entidade.

Artigo 25.— Réxime de control
A Deputación de Pontevedra exercerá coa extensión e efectos que se determina no TRLHL as funcións de control interno respecto da xestión económica da Escola de Canteiros na súa triple acepción de función interventora, función de control financeiro e función de control de eficacia.

SECCIÓN 3ª
RÉXIME ORZAMENTARIO

Artigo 26.— Elaboración do orzamento
O Consello rector aprobará inicialmente o orzamento anual da Escola de Canteiros que lle será remitido antes do 15 de setembro de cada ano á Deputación co fin de que poida ser integrado no seu orzamento xeral e aprobado polo Pleno da Deputación.

CAPÍTULO VII
FACULTADES E TUTELA DA DEPUTACIÓN

Artigo 27.— Tutela

  1. A función tutelar do organismo será exercida pola Deputación de Pontevedra, que a levará a cabo por medio dos seus órganos competentes da área á que queda adscrito o organismo.
  2. As facultades tutelares acadarán todos aqueles actos que requiran a aprobación do Pleno da Deputación, enumerados ó longo dos presentes Estatutos e os que estableza a lexislación de réxime local.
  3. O presidente da Deputación poderá suspender os acordos do organismo autónomo cando se referiran a asuntos que non sexan da súa competencia, constituíndo unha infracción manifesta das Leis ou por calquera causa que atente gravemente ós intereses da Deputación. Así mesmo, poderá reclamar dos seus órganos de goberno e administración toda clase de informes e documentos, así como ordenar as inspeccións que considere oportunas.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2007 09:18
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/