[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO II
ORGANIZACIÓN

Artigo 7.—
Por razón da súa competencia os órganos do organismo autónomo provincial serán os seguintes:

  1. Órganos de Goberno:
    • Consello rector
    • Presidente nato
    • Presidente executivo
  2. Órganos de Dirección e Administración
    • Director, asistido en todo momento polo Secretario Técnico do Museo
  3. Órgano de Consulta
    • Consello Asesor

SECCIÓN 1ª
Do Consello Rector

Artigo 8.— Composición do Consello rector

  1. O Consello rector estará formado polos seguintes membros:
    1. Presidente nato: O da Deputación de Pontevedra
    2. Presidente executivo: Será nomeado libremente polo Presidente e recaerá nun Deputado/a Provincial.
    3. Vocais: catro, que designará o Pleno da Deputación de entre os seus membros, con presencia de todos os grupos políticos e en proporción á súa representación no Pleno da Deputación.
  2. O Secretario e o Interventor ou os funcionarios nos que aqueles deleguen que asistirán ás reunións con voz pero sen voto, actuando no exercicio das funcións que lle son propias.
  3. Asistirá tamén ás reunións, con voz e con voto, o Director.

Artigo 9.— Competencias do Consello rector e dereitos dos seus membros

  1. Son funcións do Consello rector, ademais da organización e a alta dirección do organismo, as seguintes:
    1. Aprobar o programa de actuación.
    2. Aprobar a memoria anual da xestión realizada, así como o inventario de bens.
    3. Aprobar o organigrama e o cadro de persoal elevando os acordos ó pleno da Deputación para a súa ratificación.
    4. Aprobar a proposta de modificación dos Estatutos.
    5. Aprobar e modificar os regulamentos e normas de carácter xeral que rexan a organización e funcionamento do Museo Provincial de Pontevedra para a súa posterior ratificación por parte do Pleno da Deputación.
    6. Aprobar a proposta inicial do Orzamento do organismo en virtude do disposto no artigo 168-2 do TRLHL, así como a proposta das súas modificacións cando requiran aprobación polo Pleno da Deputación, e elevalas, no seu caso, ó Pleno da Deputación para a súa aprobación, de acordo coas bases de execución do orzamento.
    7. Aprobar anualmente a conta xeral para os efectos previstos no artigo 212 TRLHL, para a súa tramitación conxunta coa conta xeral da Deputación
    8. Nomear ó Director.
    9. A resolución de expedientes por faltas graves ou moi graves cometidas polo persoal do organismo.
    10. Aprobar, no seu caso, os criterios para asignarlle incentivos ó persoal cos límites das dotacións orzamentarias.
    11. Aprobar a concertación de operacións de crédito dándolle conta ó Pleno da Deputación para efectos da súa autorización cando proceda.
    12. A contratación de obras, servizos, subministros e adquisicións cando a competencia non lle corresponda ó Presidente do organismo.
    13. As demais que, non atribuídas especificamente nestes estatutos a algún dos órganos de goberno ou dirección, lle correspondan ó Pleno da Deputación, entre elas a creación ou participación en sociedades mercantís.
  2. Os membros do Consello Rector terán os seguintes dereitos:
    1. Asistirán con voz e voto ás reunións do Consello.
    2. Poderán examinar os expedientes e cantos antecedentes se relacionen con asuntos comprendidos na orde do día, co fin de coñecelos antes das deliberacións.
    3. Poderán elevar ó Consello as mocións e propostas que estimen pertinentes, relativas ós fins do organismo.
    4. Poderán solicitar coa suficiente antelación, petición de inclusión de asuntos na orde do día.
    5. As asistencias que se fixen nas bases do orzamento do mesmo xeito co resto dos asistentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2007 11:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/