[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 2ª
Do Presidente nato

Artigo 10.— Atribucións do Presidente nato
O presidente nato do organismo é o Presidente da Deputación, e coma tal terá as seguintes atribucións:

  1. Representar ó Museo Provincial de Pontevedra nos actos ou reunións ós que asista.
  2. Presidir, cando asista, as sesións dos órganos colexiados e demais actos que se celebren.
  3. As que correspondan ó presidente executivo e decida avocar.
  4. Así mesmo, poderá avocar tamén en calquera momento as atribuídas o Director.

Artigo 11.— Do presidente executivo
O presidente executivo será o deputado/a nomeado polo Presidente e terá as seguintes atribucións:

  1. Representar ó Museo Provincial de Pontevedra e presidir as sesións dos órganos colexiados cando non o faga o presidente nato.
  2. Dirixir o goberno e a administración do Museo Provincial de Pontevedra e, en xeral, as equivalentes ás establecidas do réxime xurídico local para o Presidente da Deputación, coas excepcións previstas nestes Estatutos e as que se poidan, en materia económica, establecer a través das bases de execución do orzamento.

SECCIÓN 3ª
Do Director

Artigo 12.—
O Director do organismo autónomo será designado polo Consello Rector, a proposta do Presidente da Deputación de entre persoal cualificado segundo o artigo 85 bis-1-b da Lei 7/1985, esto é, funcionarios de carreira ou laboral das Administracións Públicas ou un profesional do sector privado, titulados superiores en ambos casos, e con máis de cinco anos de exercicio profesional no segundo. Deberá acreditar en calquera dos casos coñecementos suficientes en materia histórico-artística.

Correspóndelle ó director as facultades seguintes:

  1. Resolver sobre daquelas materias que expresamente lle sexan atribuídas por estes Estatutos ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello rector ou polo Presidente.
  2. A inmediata dirección e administración do organismo, do que dará conta permanentemente ó Consello rector e ó seu presidente.
  3. Cumprir os acordos e resolucións do Consello rector e do Presidente.
  4. En particular, son as súas funcións:
    1. Dictar actos administrativos en relación ó exercicio das funcións de xestión que lle correspondan.
    2. Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto.
    3. Autorizar, por delegación da Presidencia para realizar horas extraordinarias, comisións de servizos con dereito a indemnización ó persoal ó seu cargo, así como resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
    4. Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia.
    5. Realizar a xestión económica de acordo co orzamento aprobado e de acordo coas competencias que se lle atribúan nas bases de execución do orzamento.
    6. Ordenar de maneira permanente as salas do Museo e as súas dependencias, e organizar as exposicións que se leven a efecto naquelasou baixo a súa persoal dirección noutros lugares.
    7. Informar e xestionar a admisión de donativos, depósitos e adquisicións foran polo título que foran sen prexuízo das disposicións legais en esta materia que por razón da contía ou da competencia puidesen corresponder a outros órganos.
    8. Catalogar e conservar obxectos, libros e documentos, en especial os referidos a Provincia e acompañar a visitantes ilustres e altos persoeiros, dando conta previamente ó Presidente neste último caso.
    9. Dirixir a revista e publicacións do Museo, o arquivo gráfico, a catalogación de monumentos e ficheiros.
    10. Formar plans, supervisar as campañas de estudo, escavacións e restauracións de monumentos que se realicen na provincia coa intervención da Deputación sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Patrimonio neste eido.
    11. Dirixir interiormente o Museo e baixo a súa exclusiva responsabilidade, conceder autorización para fotografar ou copiar obxectos, ou retiralos temporalmente do Museo para o seu estudo.
    12. As relacións coa Confederación Española de Centros de Estudios Locais e organismos análogos, xa existentes ou futuros, nos que se integre ou cos que haxa de corresponderse o Museo.
    13. Todas aquelas que lle sexan delegadas expresamente polo presidente nato ou executivo.

Respecto das facultades descritas neste artigo operará de ser preciso a avocación do Presidente nato ou executivo.

As funcións do Secretario Técnico recolleranse na guía de funcións dos funcionarios da Excma Deputación Provincial.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2007 11:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/