[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 [7] 8 9
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO IV
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Artigo 17.— O persoal do organismo estará integrado por

  1. Funcionarios propios do organismo.
  2. Persoal laboral contratado polo organismo.
  3. Funcionarios ou persoal laboral da Deputación que presten os seus servizos no organismo a xornada completa ou parcial, segundo o réxime de adscrición.
  4. Outro persoal colaborador da Deputación.

Artigo 18.—

  1. O persoal funcionario quedará sometido á regulación que lle sexa propia. Dependerán funcionalmente do presidente do organismo e percibirán as súas remuneracións do organismo autónomo. Previo acordo do Consello Rector e do Pleno da Deputación, a este persoal poderánselle aplicar os contidos do acordo regulador que rexa para os funcionarios da Deputación.
  2. O persoal laboral quedará sometido ó estatuto dos traballadores, ó convenio colectivo e á demais normativa legal vixente. A este persoal poderáselles aplicar, no seu caso, as normas do persoal laboral da Deputación, previa adaptación ó mesmo aprobada polo Consello Rector e polo Pleno da Deputación. A contratación ou nomeamento non lle conferirá ós empregados a condición de persoal ou funcionario da Deputación de Pontevedra, tendo en conta a natureza xurídica do organismo e da relación contractual existente.

Artigo 19.—
As retribucións do persoal fixaranse cada ano no orzamento do organismo, respectando os límites legais e os acordos regulados en convenio e nas normas emanadas da Deputación.

CAPÍTULO V
RÉXIME PATRIMONIAL

Artigo 20.— Patrimonio
Constitúe o patrimonio do organismo autónomo:

  1. Os bens que son de titularidade do organismo.
  2. Os bens que a Deputación de Pontevedra lle transfira ó organismo.
  3. Os bens que adquira por calquera título lexítimo e que sexan convenientes ou necesarios para a consecución dos seus fins.
  4. Os productos, rendas e incrementos do seu propio patrimonio.
  5. Calquera outro que se lle poida atribuír conforme ás disposicións en vigor.

Artigo 21.— Recursos
Os recursos económicos do Organismo están integrados por:

  1. As transferencias, participacións, anticipos da Deputación de Pontevedra que, en todo momento e circunstancia, asegurarán, xunto co equilibrio orzamentario, a liquidez precisa para a atención inmediata das obrigas e compromisos de índole económica.
  2. O producto de operacións de crédito.
  3. Os rendementos do organismo.
  4. Os ingresos procedentes do seu patrimonio e outros de dereito privado.
  5. Taxas e prezos públicos.
  6. Calquera outro recurso que lle poida ser legalmente atribuído.

Artigo 22.— Inventario
O Museo Provincial de Pontevedra formará e manterá actualizado un inventario da totalidade dos seus bens e dereitos que constitúan o seu patrimonio, así como os que lle foran adscritos para o cumprimento dos seus fins, coa única excepción dos de carácter funxible.

O inventario revisarase, no seu caso, anualmente, con referencia ó 31 de decembro de cada ano, e remitirase á área económico financeira da Deputación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 [7] 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2007 11:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/