[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9]
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO VIII
MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN

Artigo 29.— Modificación
A aprobación das propostas de modificación destes estatutos esixirá o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do Consello rector.

Artigo 30.— Disolución

  1. O Museo Provincial de Pontevedra terá unha duración indefinida, determinada polo cumprimento das finalidades recollidas nos presentes estatutos.
  2. O organismo autónomo provincial poderá disolverse por:
    1. Imposibilidade legal ou material de realizar os seus fins.
    2. Acordo xustificado do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra.
    3. Calquera outra circunstancia legal.

Se se extinguise o Museo Provincial de Pontevedra a Deputación Provincial sucederao universalmente.

Declarada a disolución, o Consello Rector transformarase en comisión liquidadora do organismo co obxecto de determinar e valorar os bens, dereitos e obrigas que constitúen o seu patrimonio e, no prazo máximo de tres meses, elevará a súa proposta á consideración da Deputación Provincial de Pontevedra.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogado o Regulamento do Museo de data 27 de outubro de 1954, así como sen efectos os acordos de 29-12-1978 e de 28-10-2003, estes do padroado.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

En tanto en canto non resulten definitivamente aprobados polo Pleno os novos estatutos continuará en vigor os anteriores co organigrama e réxime xurídico en eles plantexado

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.—
En todo o que non estea expresamente regulado nos presentes estatutos, resultará de aplicación a lexislación de réxime local aplicable as deputacións e, de modo supletorio, as normas que configuran o réxime xurídico dos organismos autónomos do Estado.

Segunda.—
Os presentes estatutos aprobounos o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra en data 28 de setembro de 2005 e entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.”




Publicados no BOP do 04/10/05

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2007 11:57
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/