[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Turismo Rías Baixas

Bases da convocatoria para a concesión de bolsas de estudos
ou becas para a realización de prácticas en oficinas
de turismo da provincia de Pontevedra
durante o ano 2008

bases | Modelo de solicitude

BASES

PRIMEIRA. OBXECTO DA CONVOCATORIA
A concesión polo Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” de bolsas de estudos ou becas para a realización de prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante o ano 2008, con cargo á consignación de 180.000 € da partida 08/875.751.462.03.

SEGUNDA. BENEFICIARIOS
Únicamente poderán disfrutar das bolsas de estudos ou becas os Diplomados/as ou Titulados/as en Turismo, Técnico Superior de Información y Comercialización Turística ou ben estudantes de Turismo de ámbas titulacións, que xustifiquen documentalmente tal condición antes da realización das bolsas, limitándose a un máximo de 2 bolseiros por peticionario. Turismo Rías Baixas facilitará ás entidades que o precisen os datos de posibles candidatos beneficiarios para cumplir esta cláusula 2ª e a 11ª destas Bases.

A condición de becario/a ou bolseiro non xerará ningunha relación laboral ou administrativa nin a súa inclusión na Seguridade Social.

TERCEIRA. PETICIONARIOS
Serán tódolos Concellos e Mancomunidades da provincia que teñan Oficina Municipal ou Mancomunada de Turismo aberta ó público.

Excepcionalmente e a petición dos interesados, poderán ser concedidas bolsas ou becas para realizar prácticas en entidades ou corporacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades relacionadas co Turismo, durante o período e a contía que acorde o Consello Reitor de Turismo Rías Baixas.

Para ser beneficiario será necesario:

  • Non estar incurso nas causas de prohibición para recibir subvencións, previstas no artigo 13.2 da LGS.
  • Estar ó corrente das obrigas adquiridas con Turismo Rías Baixas por subvención recibidas en anos anteriores.
  • Acreditar que se atopa ó corrente no cumprimento de obrigas tributarias con facenda, e ca Seguridade Social.

CUARTA. CONTÍA
Cada bolsa ou beca terá unha contía de 800 € ó mes, a percibir por parte da entidade peticionaria unha vez finalizado o período de prácticas. Sen embargo, o Concello, Mancomunidade ou Entidades solictiantes deberán facer pagos mensuais o/a becario/ a, por conseguinte adiantando dita cantidade.

QUINTA. PERÍODO
As bolsas concederanse para realizar prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante un período máximo de seis meses, pudendo ser variable, sendo competencia do Consello Reitor a aprobación do prazo definitivo tendo en conta o número de solicitudes recibidas e dispoñibilidade orzamentaria.

As entidades peticionarios desta axuda deberán especificar claramente o número de meses e período de disfrute da mesma. Este período poderá ser discontinuo adaptándoo ás necesidades dos eventos que teñan lugar nos Concellos e entidades.

Calquera cambio que poida producirse sobre o periodo concedido, deberá comunicarse por escrito previamente a “Turismo Rías Baixas” indicando os motivos e especificando o novo periodo.

SEXTA. SOLICITUDES
Os Concellos ou Mancomunidades peticionarias solicitarano mediante o formulario que lle será facilitado en Turismo Rías Baixas, dirixido ó seu Presidente, indicando si se solicitan un ou máis bolseiros/as e o período no que realizarán as prácticas, sen que éste poida ser superior a seis meses. Será necesario tamén o número completo da conta bancaria (vinte díxitos) do Concello ou Mancomunidade, para realizar o ingreso.

SÉPTIMA. PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do OAL Turismo Rías Baixas, en horario de 9 a 13 horas (de luns a venres) durante os 30 días naturais seguintes á publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia, se o último día de presentación de solicitudes coincidira en fin de semana ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico.

Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, deberá xustificarse a data e hora do envío antes de que finalice o prazo de presentación das propostas, mediante comunicación por fax a Turismo Rías Baixas ó número 986.868.750.

OITAVA. SELECCIÓN DE BECARIOS/AS
Unha vez comunicada por Turismo Rías Baixas a concesión das bolsas, os bolseiros/as serán seleccionados polos respectivos Concellos ou Mancomunidades, mediante un comité seleccionador do que formará parte un técnico de Turismo “Rías Baixas”, comunicando mediante escrito a Turismo Rías Baixas o nome, titulación ou acreditación do bolseiro, requisito sen o cal non será aboada ningunha beca ou bolsa.

NOVENA. FORMACIÓN
Cara unha unificación dos criterios informativos a nivel provincial, Turismo Rías Baixas establecerá algunha(s) xornada(s) de presentación ou formación na súa Sede do Palacete das Mendoza, así como criterios xerais de vestimenta, imaxe dos bolseiros, elementos comúns de soporte de materiais, enquisas de información, horarios, etc.

DÉCIMA. ABOAMENTO DAS BECAS
O abono da contía total das becas correspondentes a cada Concello ou Mancomunidade efectuarase unha vez finalizado o período de prácticas e trala remisión as oficinas de Turismo Rías Baixas do correspondente certificado do Secretario ou interventor do Concello ou Mancomunidade.

A xustificación da subvención realizarase mediante certificación do Secretario ou Interventor, na que deberá constar:

  • Os/as bolseiros/as con cargo a fondos do OAL de Turismo e do Concello ou Mancomunidade realizaron as prácticas polo período de duración da bolsa concedida.
  • Concello ou Mancomunidade concedeu como mínimo outras tantas bolsas cá mesma ou maior duración, cá mesma titulación e con cargos a fondos propios.
  • Importe total satisfeito ós bolseiros financiados cós fondos do OAL de Turismo e con cargo a fondos propios.
  • Que para esta mesma finalidade non se recibiron outras axudas.
  • Que por parte da entidade se realizou publicidade da axuda recibida sinalando a financiación por parte deste Organismo Autónomo No caso de entidades ou corporacións sen animo de lucro, ademáis da anterior documentación, deberán presentar:
    • Conta xustificativa de ingresos e gastos firmada polo responsable da entidade.
    • Copia compulsada de nóminas, comprobantes de pago ou documento probatorio similar do importe total satisfeito ós bolseiros (financiados con fondos do OAL Turismo Rías Baixas e con cargo a fondos propios).

Todo-los documentos correspondentes a actividade subvencionada, estarán a disposición do O.A.L. Turismo Rías Baixas nas oficinas da entidade ou a corporación solicitante de dita axuda.

A xustificación da subvención deberá efectuarse inescusablemente dentro dos 30 días naturais seguintes ó de finalización da bolsa concedida, pasado o cal, de non efectuar a xustificación, considerarase perdida a subvención concedida, sen dereito a ningunha reclamación.

Unha vez rematado o prazo de non efectuar a justificación correspondente darase por perdida dita subvención sen dereito a reclamación.

DÉCIMO PRIMEIRA. OBRIGA DA ENTIDADE PETICIONARIA
A concesión de becas leva aparellada a obriga por parte da entidade peticionaria de costear como mínimo outras tantas o seu exclusivo cargo durante igual período, mesma titulación e igual importe de 800 €/mes por bolseiro así como de velar polo correcto funcionamento do punto de información, dotándoo dos elementos mínimos de uso e de amplo horario e datas de apertura.

En ningún caso a bolsa superará o 50% da cantidade global xustificado. A entidade peticionaria deberá dar a coñecer mediante publicidade a subvención recibida por parte deste Organismo Autónomo.

DÉCIMO SEGUNDA. RENUNCIAS
No caso de que algún dos beneficiarios renunciase durante o seu periodo de bolseiro á dita bolsa, a entidade peticionaria deberá comunicalo por escrito a “Turismo Rías Baixas” indicando os motivos da renuncia, así como a persoa que o sustitúa, que deberá cumplir os requisitos da cláusula 2ª.

Do mesmo xeito, en caso de que a entidade peticionaria renuncie, por calquera outro motivo, á subvención concedida, deberá tamén comunicalo por escrito a “Turismo Rías Baixas”.

DÉCIMO TERCEIRA. INFORMACIÓN
Nas oficinas de “Turismo Rías Baixas” no Palacete das Mendoza -Pza. de Sta María s/n, teléfono 986 84 26 90, fax 986 86 87 50 ou en www.riasbaixas.org.

Pontevedra, 19 de decembro de 2007
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 18/01/2008, número 13, páxina 53, anuncio 2008000358.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/01/2008 11:31
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/