[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Discurso do presidente da Deputación ante o Parlamento de Galicia

Señoras e señores deputados, comparezo nesta sesión da Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos para informar sobre as liñas de actuación do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio do ano 2008, que aínda non temos aprobado, pero si definidas algunhas das súas liñas de actuación.

Por iso quero recalcar que acudo ante a Cámara co obxectivo de trasladarlles a máxima información neste ámbito.

Acudo, con ánimo construtivo de información e cooperación, sen que, en ningún caso, esa coordinación deba entenderse, como algúns pretenden, como atar as mans ou someter. O principio de autonomía local é irrenunciable para nós e así está recollido na Constitución.

Veño, pois, con ánimo construtivo, pero non porque teña a obriga de vir, nin porque a miña estancia aquí signifique submisión ningunha tanto por parte de quen lles fala como pola institución que represento. Porque, como xa recoñeceron outros presidentes de deputacións, algúns incluso doutras formacións políticas, esta invitación que se me fixo non é un elemento de control, nin un xeito indirecto de rendición de contas ante esta Comisión.

Porque as deputacións, señoras e señores deputados, rendemos contas ante o Pleno da nosa Corporación e estamos fiscalizados polo Consello de Contas.

Veño, daquela, pola mesma razón pola que poderían acudir os representantes do goberno galego, se foran invitados, ó Pleno ou as comisións da Deputación de Pontevedra a explicar a súa política de investimentos na nosa provincia. Algo que, lamentablemente, non espero que se produza, en vista de que en dous anos de goberno bipartito ningún conselleiro da Xunta visitou oficialmente a institución provincial de Pontevedra.

Para o goberno da Deputación de Pontevedra, o obxectivo primordial é a modernización e o progreso dos concellos e o seu fin, acadar maiores cotas de benestar económico e social.

Nós entendemos, como ben di a Constitución, que a Deputación non é algo diferente dos concellos, senón que é o seu organismo. E, ademais, dicimos que a súa razón de ser, e das políticas que desenvolve, deben estar ligadas aos concellos.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2008 11:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/