[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 27 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Discurso Parlamento de Galicia (cont.)

Por iso queremos gobernar para eles e para a xente; e, sobre todo, con eles e coa xente. Isto non é simplemente retórica, senón unha realidade.

Non hai concello en Pontevedra que poida dicir que foi discriminado pola Deputación. E na maioría deles os investimentos da institución provincial superan ou triplican os da propia Xunta. E non só no ámbito rural, como puido suceder noutros tempos, cando Galicia era maioritariamente rural, senón nas áreas e nos espazos urbanos e metropolitanos nos que a Deputación de Pontevedra vén actuando como unha institución clave do seu desenvolvemento, como se pode comprobar nos investimentos efectuados en Vigo ou en Pontevedra.

Para nós, a función fundamental dunha Deputación é ser a garantía da aplicación real e eficiente do principio de subsidiariedade. Hoxe, coas reformas en curso, hai risco de que este principio xogue, paradoxicamente, en contra da autonomía local e a favor do goberno menos próximo ós cidadáns. Como algúns pretenden, hai risco de pasar do centralismo de Madrid ao de Santiago. Por iso é imprescindible unha estancia intermedia entre os concellos e a Xunta para preservar o interese e a autonomía municipal.

No grupo de goberno da institución provincial cremos nas deputacións e por iso defendemos a súa modernización e adaptación ós tempos, como sempre se veu facendo, con éxito evidente, para o desenvolvemento da provincia.

Queremos que a Deputación sexa unha auténtica entidade supramunicipal, unha administración que facilita servizos e recursos. Que asesore. Que teña servizos descentralizados. Que sexa próxima ó día a día dos cidadáns. Que promova a mancomunidade de servizos.

Estes principios son os que rexen a práctica diaria da Deputación de Pontevedra. E recollémolos nun programa concreto onde creamos novas unidades dedicadas ó medio ambiente, a servizos de Urbanismo e a Cultura. Un programa no que potenciamos os servizos sociais para a xuventude, as mulleres e os maiores. Un programa que presta atención especial á promoción da provincia no eido do Turismo, que garante a creación de riqueza e emprego ou que posibilita, tamén, a potenciación do deporte. En definitiva, un programa que facilita recursos e coopera cos concellos.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2008 12:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/