[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 27 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Discurso Parlamento de Galicia (cont.)

O orzamento estimativo da institución provincial para o ano 2008 está en torno aos 145M€, continuando este, na liña de crecemento dos últimos anos, polo que neste senso cómpre resaltar que a Deputación de Pontevedra experimentou o maior crecemento dos orzamentos provinciais de Galicia nos últimos anos.

Un orzamento que prevé superar os 65M€ en investimentos reais, que se verían aumentados en 10 millóns de euros máis se o Goberno central non tivera privado ós concellos de Pontevedra do Programa Operativo Local (POL). Un plan que se distribuía con criterios obxectivos entre os propios concellos e que, agora, distribuirá, con criterios políticos, o propio Goberno Central.

Nesta liña de crecemento o goberno provincial de Pontevedra quere seguir facendo unha xestión rendible tanto social coma economicamente.

Polo tanto, señoras e señores deputados, paso agora a facer un breve repaso das actuacións da Deputación de Pontevedra, que son nas que se basean as liñas orzamentarias para o vindeiro exercicio e que ademais entendo que moitas delas son descoñecidas para vostedes, señorías.

No ámbito cultural somos a institución publica que ven implicando, nos últimos anos a máis de 10.000 axentes dinamizadores deste campo, tanto no artístico como cultural, no sentido máis amplo deste termo, entre os que forman parte grupos de música, teatro, conferencias, exposicións, cine, cómics, fotografía, etc.

Temos a referencia artística e patrimonial máis moderna e respectada de Galicia e, no seu ámbito, das máis importantes de España, o Museo de Pontevedra. A Historia, o patrimonio e os tesouros máis destacados de Galicia non se poden coñecer nin entender sen este referente. Os datos falan por si sós: 4 edificios, que albergan máis de 20.000 m2 para exposicións, talleres e outras actividades relacionadas co sector, cunha inversión que superará, unha vez rematada a súa ampliación, os 30M€, e que son sede da Bienal de Arte Contemporánea máis importante de Galicia e de prestixio a nivel internacional. Un Museo que serve como auténtica escola de cidadanía da provincia e de Galicia.

Cómpre destacar tamén neste campo, o Arquivo histórico, que inclúe unha editorial que publica máis de 30 libros ao ano, centro no que se están a investir máis de 3M€ na súa rehabilitación. Así como destacar tamén unha imprenta provincial propia e seccións como as de Hemeroteca, Cartoteca, Arquivo Sonoro e Audiovisuais, etc.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2008 12:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/