[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 27 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Discurso Parlamento de Galicia (cont.)

E se falamos do labor e investimento cultural da Deputación, a modo de exemplo, non podemos esquecer a recente adquisición dun dos tesouros do patrimonio artístico-etnográfico, os Pendellos de Agolada, que, en vista da deixadez doutras instancias, foi adquirido pola Deputación de Pontevedra, ou a rehabilitación dos muíños de auga existentes na provincia.

No eido do Turismo, somos líderes en Galicia na promoción e desenvolvemento do sector, sempre actuando con políticas marcadas en consenso cos seus profesionais, deste xeito e baixo a marca que nos identifica, Rías Baixas, recibimos máis do 50% do turismo galego. Para o cal contamos cunha sede emblemática, o Palacete das Mendoza, recentemente adquirido.

No ámbito da Investigación a Deputación de Pontevedra conta con centros de referencia en Galicia e mais en España como son Areeiro, pioneiro en I+D e sobre todo no control de pragas forestais; así como Mouriscade, outro centro de investigación e laboratorio para o sector agrogandeiro galego.

No referente aos campos educativo e social, este último, un labor que a institución pontevedresa está a primar nos últimos anos, temos que destacar:

Escola de Canteiros, única no seu ámbito, e que vén formando, dende 1991, a decenas de profesionais cada ano e contribuíndo, de modo singular, á recuperación do patrimonio da nosa Comunidade.

Escola de Enfermería, na que asumimos unha competencia autonómica.

Centro de ocio e lecer A Lanzada, máis de 20 hectáreas de terreo con tres edificios enclavados nunha das paraxes máis atractivas de Galicia, centro de convivencia para máis de 6000 cativos que o aproveitan cada ano, e que conta ademais cunha escola de hostalería para a comarca do Salnés.

Cidade Infantil Príncipe Felipe. Un centro de protección, de 20 hectáreas de superficie, que acolle na actualidade a máis de 300 menores. Un gran complexo que inclúe centro infantil, un centro para diminuídos psíquicos, 2 centros infanto-xuvenis, unha unidade de primeira acollida, única en Galicia, onde se atenden a todos os menores inmigrantes que chegan á nosa comunidade; un centro de educación infantil, un centro de educación primaria e 1º ciclo de secundaria. Tamén unha escola de hostalería e Turismo, e un centro de formación profesional, xestionados en colaboración coa Xunta.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2008 12:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/