[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 27 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Discurso Parlamento de Galicia (cont.)

Hai que resaltar dentro do labor social da Deputación unha gardería infantil de 115 prazas, a única pública existente na cidade de Pontevedra.

Dentro das políticas sociais da institución, gustaríame sinalar a construción de 300 parques infantís en toda a provincia, adaptados á normativa da UE, para corrixir as deficiencias da provincia neste tipo de instalacións. Inclúos no ámbito deste tipo de políticas sociais porque non deixan de ser actuacións para as persoas, como tamén o son os distintos programas para os maiores, a xuventude e outros sectores desfavorecidos da nosa sociedade

No eido do deporte, a institución provincial acaba de realizar en toda a provincia pavillóns de deportes, piscinas públicas, destacando entre elas a construción da piscina olímpica de Pontevedra, así como un plan pioneiro, un proxecto único en España de 52 campos de fútbol de herba sintética que agora outras institucións pretenden copiar.

Ademais, a Deputación conta en propiedade con todo tipo de instalacións deportivas no complexo Príncipe Felipe que inclúe pavillón, piscina e campo de fútbol, que son utilizadas polas escolas deportivas de Pontevedra e da comarca.

Na loita contra o lume a Deputación, en colaboración coa Xunta, ten xa en funcionamento 5 parques comarcais de bombeiros que cobren as necesidades de case a totalidade da provincia.

No ámbito do desenvolvemento e a promoción económica cómpre destacar:

IPESPO: organismo que xestiona solo industrial e vivenda pública, sendo a nosa a única institución que conta con solo industrial dispoñible a día de hoxe na provincia, como sucede cos 2 millóns de metros cadrados do polígono industrial de Barro-Meis, nun enclave estratéxico, ó lado da AP-9.

ORAL, organismo que xestiona o cobro dos impostos de 55 concellos dos 62 da provincia. Cunha sede central na capital da provincia e 16 oficinas comarcais para atención ao cidadán. Organismo que lles adianta, a 1 de xaneiro, ós concellos a totalidade do diñeiro do cargo de recadación e que é un modelo no que se fixan distintas deputacións provinciais españolas.

No eido das infraestruturas hai sinalar que a Deputación traballa día a día na mellora dos 2.000 km de vías públicas de titularidade propia, e doutras, de titularidade municipal e autonómica, cuxas melloras foran comprometidas polo goberno anterior da Xunta e anuladas polo actual. Neste eido a Deputación conta ademais cun parque de maquinaria central e 6 parques comarcais distribuídos pola provincia.

Neste breve resumo non podemos omitir a xestión de 36M€ de fondos europeos que o organismo provincial executa en programas sociais, de formación e medioambientais, sobre todo.

Señoras e señores deputados, destacar tamén que estamos falando da institución publica de Galicia, despois da Xunta con maior patrimonio propio, e así o seguiremos facendo, contribuíndo a aumentar a riqueza publica desta provincia.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2008 12:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/