[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 27 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Discurso Parlamento de Galicia (cont.)

Deste xeito, este organismo provincial conta, ademais dos anteriormente mencionados, con edificios en propiedade tan emblemáticos coma:

Pousada e castelo de Soutomaior, con 30 hectáreas propias de viñedo da denominación de orixe Rías Baixas.

Pazo de Lourizán, con 50 hectáreas en torno ó singular pazo de Montero Ríos, que a Deputación ten cedido á Xunta, e cuxa rehabilitación e mellora reclamo dende aquí, en vista do seu estado de deterioro e abandono.

Pazo de Gandarón, onde está situada a Misión Biolóxica de Galicia e o CSIC, nun espazo de 20 hectáreas.

Os centros de experimentación e servizo agroforestal de Mouriscade, con 38 hectáreas, e Areeiro, con 5.

A Deputación de Pontevedra dispón, pois, no corazón das Rías Baixas galegas, dunha superficie e patrimonio propio de bens inmobles e patrimoniais de máis de 2 millóns de metros cadrados que albergan construcións e edificios singulares, de alto valor patrimonial, cultural e social.

Señorías, co fin de informar da nosa actuación e da coordinación con outras instancias, pois, acabo de relatarlles e explicarlles algunhas das liñas prioritarias do orzamento e da acción do organismo provincial. Polo que, con total convencemento e como acaban de comprobar, a Deputación de Pontevedra é una institución que figura entre as máis eficaces, modernas e adaptadas as demandas dos nosos veciños, que é o obxectivo prioritario por o cal ten razón de ser a acción pública.

Entre todos -e aquí inclúo tamén á oposición na Deputación de Pontevedra e, por suposto, á sociedade pontevedresa -estamos contribuíndo a facer una institución que funciona razoablemente ben e, dende logo, moi por riba da media nacional. E podo dicir, con orgullo institucional e provincial, que, nalgúns aspectos, á cabeza incluso doutras institucións.

Todo isto, é un avance, un pequeno resumo da actividade da Deputación de Pontevedra que contará para o vindeiro ano, como xa mencionei ao comezo desta intervención, cun orzamento aproximado de 145M€.

Un orzamento que xestionaremos, como demostramos en anos anteriores, dende principios de actuación, para nós irrenunciables. Entre eles que a deputación sexa unha auténtica entidade supramunicipal que axude os concellos a prestar todo tipo de servizos. Que non compite con outras administracións, senón que cumpra o seu papel de administración que facilite recursos. Que asesora os concellos e os prové de servizos, aos que non poden acceder, de ningún xeito, sen axuda.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2008 12:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/