[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Berán (Ourense) » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Berán (Ourense)
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
BERÁN (OURENSE) 

Introducción

A única Entidade Local Menor que non pertenece á provincia de Pontevedra corresponde á parroquia de San Breixo de Berán, que na actualidade forma parte do concello de Leiro, na limítrofe provincia de Ourense.

Con anterioridade á formación dos concellos constitucionais pertencía á Xurisdicción da Veiga e Carballeda, con señorío do conde de Rivadavia. Na primeira configuración constitucional dos concellos pasa a formar parte do concello de Evade, para segregarse posteriormente e integrarse de forma definitiva no de Leiro.

Ten unha superficie total de 320 hectáreas nas que residen 332 habitantes, distribuidos nos lugares de Aduana, Casanova, Trasouteiros, Quinteiro, Eirado, Cruz de Berán, Moreira, Cotofrío, Casar e Caldelas. Destaca especialmente pola existencia do coñecido e visitado balneario e pola súa abundante producción vinícola.

É recoñecida como Entidade Local Menor polo Concello de Leiro, na sesión do 13 de decembro de 1924, celebrando a súa primeria xuntanza o 17 de marzo de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Manuel Taboada Cuiñas.

Rematado o proceso de organización da documentación que se conserva no local da Entidade Local, inventariáronse un total de trinta e sete unidades de instalación, que supoñen escasamente seis metros lineais de documentación, abarcando xenericamente o período entre os anos 1925 e 1995.

Deste conxunto documental destacan as actas da propia Xunta Vecinal dende 1925, e o derivado das obras e da xestión do balneario dende 1955 ata 1992.

Polo seu volume /84% do total) débese reseña-la importancia dos fondos producidos na xestión e desenvolvemente dos sucesivos presupostos anuais dende 1931.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/11/2003 17:05
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/