[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 17 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2008 

Prezo público polos servizos de reproducción de fondos do Museo provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 23 de xaneiro de 2008, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acordou por unanimidade establecer e regular o prezo público polos servizos de reproducción de fondos do Museo Provincial de Pontevedra, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

Este prezo público esixirase polos servizos de reproducción mediante fotografías dixitais ou fotocopias de fondos do Museo de Pontevedra.

SEGUNDO. OBRIGA DE PAGAMENTO

Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e máis as entidades sen personalidade que soliciten os servizos de reproducción de fondos do Museo Provincial.

TERCEIRO. CONTÍA

A estructura e a contía deste prezo público figuran no Anexo I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

As persoas ou entidades interesadas nos servizos de reproducción de fondos do Museo, mediante fotografías dixitais ou a realización de fotocopias, han de solicitar a súa prestación ante os servizos administrativos do Museo.

Na solicitude dirixida ao Museo de Pontevedra interesando a autorización para a reproducción dos fondos que na mesma se deben especificar, os interesados comprométense a:

  1. Citar xunto a cada imaxe publicada ou no pé que a acompañe a procedencia da obra: Museo de Pontevedra, así como a colección á que pertence.
  2. Remitir tres exemplares da obra en que se publiquen os materiais, que se incorporarán aos fondos bibliográficos do Museo. Esta condición será válida tanto para a edición de libros e revistas coma para a produción de vídeos, audiovisuais ou outros produtos sobre materiais aptos para a reprodución de imaxe e son.
  3. A reprodución de obras que non pertenzan ao dominio público, é dicir, que se atopen suxeitas a dereitos da propiedade intelectual, só será posible cando se realice sen ánimo de lucro e exclusivamente para fins de investigación (Art. 37.1 da RCL/1996/1382). O Museo de Pontevedra, en caso de non ter a plenitude dos dereitos sobre o material que se vai reproducir, requiriralle previamente ao usuario un documento que acredite a correspondente autorización por parte de quen posúa eses dereitos, declinando, en calquera caso, as responsabilidades a que tal uso dea lugar.
  4. Esta autorización é válida única e exclusivamente para o fin arriba proposto, polo que quedará prohibida calquera tipo de reprodución ou difusión do devandito material que non sexa a aquí autorizada.
    Queda expresamente prohibida a realización de duplicados e a cesión do material a terceiros. Calquera uso posterior deberá ser negociado novamente co Museo.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo.
  2. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á entrega dos servicios solicitados.

SEXTO. APROBACIÓN E ENTRADA EN VIGOR

O establecemento e a regulación deste prezo público aprobounos a Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 23 de xaneiro de 2008.

Este prezo público entrará en vigor e aplicarase o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/02/2008 11:16
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/