[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Laxeiro e o Día da arte galega

Un día coma hoxe de fai cen anos naceu Laxeiro aquí, en Lalín, no lugar da Romea, na parroquia de Botos.

A súa visión creativa do mundo facíalle dicir que nacera no Marquesado da Romea, un territorio habitado por un gnomo que, en palabras súas teñen estas terras e non teñen outras, e que explicaría a relevante nómina de pintores e creadores que existen na Comarca do Deza, entre os que podemos citar a Colmeiro, Lamazares, Sucasas, Paío, Aymerich, Lareo, Álvaro Negro....

En realidade, a vida e a obra de Laxeiro sempre foi así. Un vivir a cabalo entre dous mundos, entre dúas realidades. Os versos de Octavio Paz parecen escritos para el.

Sentiu como patrias a Vigo e a Lalín. Pasou o seu tempo entre Galicia, a parroquia de aquí, e América, a parroquia de acolá. Amou a Lala e a señora Luisa. Conxugou o universal con ser . Borrou a fronteira entre mundo e o trasmundo. Reflectiu o onírico e a longa noite do seu tempo. E xuntou no seu pincel, como se non puidera ser doutro xeito, a tradición e a vangarda.

Na vida de Laxeiro tivo unha transcendente participación a Deputación de Pontevedra. A institución que teño a honra de presidir prestou, e préstalles, un decisivo apoio ós artistas máis novos cando máis o precisan: nos seus inicios. Figuras como Arturo Souto, Colmeiro, Laxeiro, Maside, Torres, Virxilio Blanco, Acuña ou Asorey, e tantas outras, puideron formarse e mellorar como artistas en Madrid, París, Florencia ou Roma grazas á concesión das bolsas da institución provincial.

Por iso se pode dicir que sen a Deputación de Pontevedra a arte galega e, particularmente, a arte galega contemporánea non sería a mesma. Esta vocación cultural da Deputación pontevedresa ten hoxe a súa continuidade e unha consolidada presenza na celebración da Bienal de Arte e de Novos Valores, o máis prestixioso certame de arte xove de Galicia. Pero, sobre todo, co labor do Museo de Pontevedra na súa dobre faceta de custodia de boa parte da memoria de Galicia e de auténtica escola de cidadanía.

Un Museo no que se está a acometer unha importantísima obra de ampliación para a que demando, e espero, a continuidade da colaboración que ata agora viñeron mantendo tanto a Consellería coma o Ministerio de Cultura.

Unha colaboración que xa mantén a Deputación de Pontevedra coa Fundación Laxeiro e que será potenciada con motivo da inauguración do novo Museo de Pontevedra.

Porque Laxeiro é xa un incuestionable referente da arte galega e, como dixo o poeta, . Un Laxeiro que, a través da súa pintura, é todo un exemplo de ver o mundo con ollos galegos pois, como el mesmo escribiu, .

Por iso, por ese profundo sentimento, pola súa calidade humana e infinita xenerosidade e pola súa enorme contribución á arte galega, moitos propoñemos que esta data do seu nacemento, un 23 de febreiro, sexa declarado Día da Arte Galega.


Pontevedra, 23 de febreiro de 2008
Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/02/2008 13:15
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/