[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Organismo autónomo Turismo Rías Baixas

subvencións para realización de material de divulgación e información turística
ano 2008

Bases | Anexo I. Modelo de solicitude | Formatos-tipo

Bases

Bases Reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para realización de material de divulgación e información turística para o ano 2008 polo sistema de concorrencia competitiva.

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
A concesión por Turismo “Rías Baixas” de subvencións para a confección actualizada de material divulgativo de información turística impresa en forma de folletos, guías, mapas, carteis, pósters, sen ningunha propaganda comercial, con cargo a un crédito destinado a tal fin que ascende a 100.000,00 euros, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a este programa de axudas, mentras non se amplíe o crédito da partida orzamentaria 08/875.751.462.02, aportada polo propio Organismo.

Non obstante, o Consello Rector poderá decidi-lo incremento do crédito mencionado no parágrafo anterior, dependendo do número de entidades solicitantes e o presuposto disposto para a dita subvención.

2.— BENEFICIARIOS DA SUBVENCIÓN
Serán os Concellos, ou agrupacións de polo menos tres Concellos e Mancomunidades da Provincia de Pontevedra.

Excepcionalmente e a petición dos interesados, poderán ser concedidas axudas os Centros de Iniciativas Turísticas, Sociedades de Desenvolvemento Comarcal, Entidades de Promoción Local e aquelas agrupacións relacionadas co Turismo, sen ánimo de lucro, e que estean inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

3.— HOMOXENEIZACIÓN DOS DESEÑOS
Co fin de favorecer unha harmonización dos deseños, Turismo Rías Baixas apoiará especialmente o material que cumpla os requisitos contemplados no Anexo II da presente convocatoria.

Os solicitantes que o desexen poderán remitir a Turismo Rías Baixas a maqueta ou bocetiño do material a publicar para recibi-lo visto e prace, previo a súa edición.

4.— CONDICIÓNS

  1. O material subvencionado debe utilizar a toponimia oficial e de empregarse a lingua galega debe ser o galego normativo.
  2. No material a subvencionar figurarán inescusablemente, en lugar visible na parte inferior da contraportada, a imaxe de marca (logotipos) de “Turismo Rías Baixas”, “Deputación de Pontevedra” e do dominio www.riasbaixas.org, sobre unha banda ondulada no borde superior de cor verde (CMYK 11/0/66/2), evitándose todo tipo de publicidade.
  3. Quedan excluídos desta convocatoria e polo tanto non subvencionables:
    • Libros de Historia, Xeografía, Patrimonio, programas de festas e/ou libros de programas de festas, material divulgador de eventos deportivos, culturales ou calquera outro que non sexa específicamente turístico.
    • Material propagandístico (merchandising) que non presente información sobre o destino ou recursos turísticos da zona, como bolígrafos, chisqueiros, adhesivos, camisetas e outras prendas de vestir, gorros, paraugas, cinceiros, material de oficina, pins, etc.
    • Promoción e propaganda de empresas privadas con ánimo de lucro (sí as de asociacións de empresas sen ánimo de lucro).
  4. No material subvencionado non poderán figurar referencias a establecementos turísticos, hoteis, restaurantes, cámpings, bares e/ou calquera outra empresa que non estea debidamente legalizada.
  5. Non se subvencionará material turístico con erros importantes, ou con información/fotografías/imaxes non actualizada, calidade de impresión ou gravación de baixa calidade ou con contidos que non sexan estrictamente de promoción turística.
  6. Non se subvencionará material turístico distinto do solicitado, nin tampouco aquelas reedicións do material que non se houbesen actualizado neste ano 2008.

5.— CONTÍA DA SUBVENCIÓN
A contía da subvención será variable, determinandose en cada caso tendo en conta a disponibilidade presupostaria e os criterios de adxudicación, non pudendo supera-las seguintes porcentaxes dos presupostos presentados polas entidades:

  1. 50% de subvención para o material que se realice dacordo a tódolos criterios de deseño que establece Turismo Rías Baixas (Anexo II), que deben ser supervisados previamente polos técnicos deste Organismo.
  2. 40 % de subvención para o material que editen os Concellos declarados Concellos Turísticos Galegos pola Xunta de Galicia.
  3. 30 % de subvención para o material promocional do resto de entidades da cláusula segunda.

Os proxectos que certifiquen menos cantidade da presupostada inicialmente se aboaran en proporción á inversión realizada.

No caso de que ás peticións recibidas excedan da partida orzamentaria prevista, os técnicos de Turismo farán unha proposta razoada en función dos criterios de valoración (cláusula 9ª) e cumprimento das obrigas das entidades con este Organismo en anos anteriores, sendo o Consello Rector quen estableza o criterio de reparto proporcional. A subvención nunca poderá excede-los 5.000 euros por entidade solicitante.

6.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
As solicitudes presentaranse axustadas ó modelo oficial que se publica como Anexo I dirixido ó Sr. Presidente de Turismo “Rías Baixas”, acompañado de:

  1. Presuposto da inversión prevista (gastos e ingresos).
  2. Proxecto, Memoria e/ou maqueta explicativa e detallada do material a subvencionar para a súa valoración polos técnicos de Turismo.
  3. Fotocopia cotexada do NIF da entidade solicitante e do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas no seu caso.
  4. Certificación do Secretario da Concello, Entidade Local ou Organismo de non dispoñer de ningunha outra subvención para a actividade de que se trata, outorgada por outro Organismo, Entidade ou particular e, no caso de que a houbese, importe e Organismo que a houbera concedido, de tal xeito que a suma deses importes coa subvención solicitada non exceda do coste total da actividade obxecto da presente subvención.
  5. Requisito de non estar incursa a entidade en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións, previsto no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, esixiendo a presentación dunha declaración xurada ou responsable.
  6. Os interesados poden presentar as súas solicitudes nos rexistros e lugares a que fai referencia no artigo 38 da LRJAP y PAC, ademáis de Turismo Rías Baixas e Deputación de Pontevedra.
  7. Certificado de estar ó corrente en materia tributaria có Estado e a Deputación e cá Seguridade Social, para el caso de entidades e organismos que non teñan a condición de administracións púlicas.
  8. Calquera outra documentación que acredite o dereito á concesión, así como para facilitar a evaluación ou gradación da subvención.

7.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será de TRINTA (30) DÍAS naturais contados a partir do seguinte á publicación das presentes Bases no B.O.P., no Rexistro de Turismo Rías Baixas, en horario de 9 a 13 horas (de luns a venres), sito na Pza. Santa María s/n. 36071 Pontevedra. No suposto de que o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.

Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico.

Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, deberá xustificarse a data e hora do envío antes de que finalice o prazo de presentación das propostas, mediante comunicación por fax a Turismo Rías Baixas ó numero 986 868 750.

8.— SUBSANACIÓN DE DEFECTOS NAS SOLICITUDES
Cando a solicitude non reúna os requisitos solicitados ou non se acompañe da documentación que resulte esixible conforme ás presentes Bases, se requirirá ó interesado para que no prazo máximo de 10 días subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese se terá por desistido da súa petición, procedéndose ó arquivo da mesma.

9.— CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN
Para a adxudicación das subvencións serán de aplicación preferente os seguintes criterios:

  • Harmonización co material de Turismo Rías Baixas (Anexo II)
  • Calidade e innovación da edición de material promocional para o que se solicita subvención.
  • Material que integre e cohesione a oferta turística provincial con carácter supramunicipal. Edición de material promocional dirixido a potenciar novos productos turísticos que incrementen a diversificación e competitividade do sector.
  • Terase en conta o nivel de cumprimento do solicitante en convocatorias previas, e o número de exemplares a editar.

As solicitudes serán estudiadas polos técnicos de Turismo, que darán traslado do seu Informe para fiscalización á Intervención e posteriormente será o Consello Reitor que estimará, valorará a calidade do material a realizar, resolvendo a concesión ou denegación da subvención solicitada.

Turismo Rías Baixas comunicará individualmente ós beneficiarios a axuda concedida como máximo ós trinta días de presentada a solicitude. A non comunicación será entendida como denegación da subvención solicitada.

10.— PAGO DA SUBVENCIÓN
O importe da subvención farase efectivo unha vez xustificada a inversión efectuada só para o material solicitado, mediante remisión a Turismo de:

  1. Xustificación do cumprimento da finalidade subvencionada (entrega de tres exemplares do material do que se trate).
  2. Xustificación dos gastos:
    • Con presentación da conta xustificativa, na que se indicará o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou outros documentos xustificativos válidos.
    • Con presentación de facturas como mínimo polo 75% do presuposto presentado cá solicitude.
    • No caso de Administracións Públicas, cabe presentar unha conta xustificativa (con detalle das facturas e importe parcial e total gastado) acompañada de certificación do Secretario ou Interventor acreditativa de que os gastos cuio detalle figura na conta xustifictaiva son reais e aplicáronse á finalidade subvencionada, quedando a disposición de Turismo Rías Baixas.
  3. Declaración responsable de que os ingresos ou recursos axenos non superan o custe ou os gastos da finalidade subvencionada.
  4. Nome da Entidade Bancaria e número da conta (20 díxitos) á cal transferir a subvención.
  5. Copia dixital, en free-hand e pdf para a súa descarga en páxinas web.

11.— PRAZO PARA REALIZACIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN
Tendo en conta que a finalidade principal deste material é a súa divulgación en puntos de información e feiras, a xustificación da inversión deberá efectuarse inescusablemente antes do día 30 de outubro de 2008, pasado o cal, de non efectualo, considerarase perdida a subvención concedida, sen dereito a ningunha reclamación.

12.— RÉXIME XURÍDICO APLICABLE
Ás presentes Bases seralle de aplicación ó disposto e previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Lei Xeral de Subvencións e o seu Reglamento, R.D. Leg. 2/2004, de 5 de marzo, texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, bases de execución do presuposto para o exercicio corrente e demáis legislación de pertinente aplicación.

13.— XURISDICCIÓN COMPETENTE
En caso de que existan discrepancias sobor da interpretación e aplicación das presentes Bases será de aplicación a orde xurisdiccional contencioso administrativo de Pontevedra.

14.— INFORMACIÓN
Nas oficinas de Turismo Rías Baixas na Praza de Santa María s/n – 36071 Pontevedra. Teléfono 986 842 690. Fax: 986 868 750, correo electrónico: info@riasbaixas.org e páxina web: www.riasbaixas.org.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2008
O Presidente
O Secretario

Boletín Oficial da Provincia, data 29/02/08, número 43, páxina 76, anuncio 2008001975.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/02/2008 10:57
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/