[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Festa da Arribada en Baiona

Celebramos hoxe un acontecemento memorable:

A chegada de Martín Alonso Pinzón ás praias de Baiona, en 1493, coa nova que marcou o curso da historia do mundo moderno e fixo desta vila a primeira de Europa en coñecer a realidade que se agochaba máis aló do inmenso, insondable, océano Atlántico: o descubrimento do Novo Mundo.

Este encontro entre dúas civilizacións, a europea e mais a amerindia, supón desde aquela unha ponte entre as dúas culturas. Unha ponte simbólica que remata aquí, en Baiona, onde imos volver rememorar coa Festa da Arribada o achegamento entre os pobos, as xentes e as culturas. Onde imos celebrar que a historia, sempre implacable, foi xenerosa con esta vila.

A Arribada de Baiona serve de impulso ó labor da provincia de Pontevedra como vehículo cultural, serve tamén para lembrar a necesidade de afianzar as relacións con Portugal e de mellorar a importancia do Eixo Galego-Portugués como base para a conexión cos continentes americano e africano.

Esta festa é sen dúbida un exemplo de que os eventos lúdicos e festivos triúnfan cando van acompañados de elementos de enriquecemento cultural e histórico. Isto é algo moi importante posto que a nosa provincia, turística por excelencia, está a traballar na actualidade para conferirlle un maior valor ó seu patrimonio natural, cultural, histórico e artístico para acadar un turismo de calidade.

A Arribada de Baiona non só recrea o pasado senón que traballa para o futuro, un porvir que ofrece grandes posibilidades para esta celebración. Baiona é, en si mesma, un modelo a seguir no eido do turismo. Festas coma esta son un elemento clave neste sentido. A gastronomía, a cultura e o patrimonio son algúns dos campos nos que xa se ten avanzado, pero aparecen novas posibilidades, coma o turismo deportivo, no que Baiona está especialmente ben situada, ou o de negocios, o cultural, o náutico, o gastronómico e mais o ecolóxico.

Volvemos ó século quince, sen afastar a vista do noso tempo: o porto de Baiona representa o símbolo dos lazos de unión, de solidariedade, de respecto e de integración entre culturas que trazou no pasado, os mesmos lazos que Pontevedra e a súa Deputación lle seguirán axudando a trazar.

Para rematar, non querería deixar de felicitar ós organizadores desta festa polo seu encomiable labor xa que a Festa da Arribada recrea o pasado pero ademais traballa para o futuro.


Pontevedra, 2 de marzo de 2008
Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/03/2008 12:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/