[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 22 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

Páxina [1] 2
ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

Axudas para acondicionamento de vivendas

Bases | Anexos

Bases

A política de vivenda constitúe uns dos principais elementos de unha política de benestar. A Deputación de Pontevedra, sensibilizada cos colectivos máis desfavorecidos, quere contribuir a facer realidade, o dereito de todos os ciudadáns a unha vivenda digna, recoñecido no artigo 47 da Constitución Española de 1.978, por isto en colaboración cos Concellos da provincia interesados, convoca un ano máis, axudas para acondicionamento de vivendas, destinadas a persoas cuios recursos resultan insuficientes para facer fronte os gastos específicos, de carácter extraordinario, necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación e exclusión social.

Ten un carácter finalista, destinándose soamente ao obxeto para o que foi concedida.

Poden ser complementarias con outras prestacións nos casos que se considere oportuno, tendo en conta a situación socio-económica e familiar reflectido nos informes pertinentes.

A súa natureza é de subvención condicionada ás dispoñibilidades económicas determinadas en cada exercicio orzamentario.

BASES DA CONVOCATORIA

PRIMEIRA. OBXECTO
As presentes bases teñen por obxeto establecer para o ano 2008, en réximen de concorrencia competitiva por parte da Deputación de Pontevedra axudas únicas ou complementarias para a mellora da habitabilidade da vivenda, compatibilizando con outras axudas e colaborando cos gastos que ocasionen as reformas, adaptacións, reparacións e acondicionamento da misma.

SEGUNDA. FINALIDADE
A finalidade destas axudas é indicir en aquelas condicións da vivenda que poidan producir efectos acumulativos de risco que agudicen a situación de dependencia o illamento, posibilitando o mantemento dunhas condicións mínimas de salubridade e hixene, eliminación de barreiras arquitectónicas, e facilitar a movilidade interior, así como o aumento da seguridade no entorno doméstico, eliminando o risco de accidentes.

TERCEIRA. FINANZAMENTO
A cantidade consignada para este fin na Partida 08/313-313-780.01 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 290.000,00 euros. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 228.810 euros, e para os que teñan de 20.000 en diante 61.190.

CUARTA. DESTINATARIOS
Poderán solicitar estas axudas, os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases, como entidades colaboradoras, para os seus beneficiarios que reúnan os requisitos establecidos nas mesmas.

No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes.

Unha vez realizada a totalidade do reparto, e no suposto de que no se esgotase todo orzamento, a Deputación de Pontevedra seguindo ó artigo 109 da Ley de Administración Local de Galicia e ó artigo 22 da Ley 4/93 de Servizos Sociales de Galicia (apoyar prioritariamente a os Concellos de menos capacidade económica ) financiará ó cen por cen, as seguintes:

  1. Persoas ou unidades familiares pertencentes a Concellos que fixeron unha maior aportación e obtiveran maior puntuación.
  2. Que quedarán en lista de espera por falta de capacidade orzamentaria e non puideran completar a totalidade da obra por a mesma causa.
  3. Que teñan presentada a documentación esixida para todos os solicitantes.

As solicitudes en lista de espera resolveranse a criterio do técnico/a, en función, os requisitos expostos.

QUINTA. TIPOS DE AXUDAS

  1. Axudas únicas ou complementarias para acondicionamento da vivenda que non reuna condicións de habitabilidad por falta ou deterioro de: Instalación eléctrica, auga, servizos hixénicos, fosa séptica, cuberta e outras reformas que impidan o hacinamento e posibiliten o mantemento dunhas condicións básicas de hixene e salubridade, proporcionando seguridade no entorno doméstico.
  2. Axudas únicas ou complementarias para equipamento básico de primeira necesidade para a vivenda habitual por un importe máximo igual o 200% do salario minino interprofesional prorrateado do ano 2007. (1.331,4 euros)
  3. Adaptación da vivenda para uso de persoas dependentes e eliminación de barreiras

SEXTA. REQUISITOS

  1. Dos Concellos. Os Concellos participantes na presente convocatoria deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, según os seguintes criterios: (Ver cadro).

    Concellos/Nº HabitantesAchega inicial máxima
    da Deputación
    Achega Concello
    De menos de 5.000 4.137,65 € 30 % = 1.241,29 €
    De 5.001 a 10.000 4.380,08 € 40 % = 1.752,03 €
    De 10.001 a 20.000 4.545,69 € 50 % = 2.272,84 €
    De 20.001 a 50.000 6.556,07 € 70 % = 4.589,25 €
    De máis de 50.000 7.648,75 € 100 %= 7.648,75 €


    As solicitudes resolveránse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de non esgotarse o Presuposto total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega e así o fixeran constar no Acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación.

  2. Dos beneficiarios das axudas. Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas familias, que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia adheridos a estas bases, e que reúnan os seguintes requisitos:
    1. Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu conxuxe ou parella, dos pais dos mesmos, cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo a favor dos solicitantes.
    2. Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establece-la como complementaria debendo quedar reflexado no informe da traballadora social.
    3. Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas Bases. (apartado 3 )
  3. Dos Ingresos da Unidade Familiar. Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos, durante o ano 2007, descontando gastos derivados de enfermidade crónica, discapacidades que xeneren gastos extraordinarios, créditos hipotecarios ata 300 euros e gastos derivados de situacións de emerxencia. Se superan este baremo no terán dereito a axuda.

    Nº de miembros
    da familia
    Ingres. netos anuais(Ingr. Netos medios mensuais)
    1 membro ata 7.988,4 (665,7 euros/mes)
    2 membros ata 11.183,76 (931,98 euros/mes)
    3 membros ata 13.979,76 (1.164,98 euros/mes)
    4 membros ata 16.076,76 (1.339,73 euros/mes)
    5 membros ata 17.684,4 (1.473,70 euros/mes)
    6 membros ata 19.452,84 (1.621,07 euros/mes)
    7 membros ata 21.398,16 (1.783,18 euros/mes)
    8 membros ata 23.538 (1.961,50 euros/mes)

    Nota: A partires de nove membros incrementarase un 5%.

    Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinteseis anos que convivesen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria.

    Considerase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluida a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio.

    A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestación, rendas, rendementos por actividades profesionais.

  4. Valoracións das solicitudes. A tenor do previsto no Artígo 17.3.e da Ley 38/03 Xeral de Subvencións, respecto os criterios de otorgamento das axudas e ponderación das mesmas e tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con escasos recursos económicos ás situación que se valorarán serán as seguientes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familiar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar os Traballadores Sociais de Atención Primaria.

    No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do Concello ó que pertenzan.

SÉTIMA. TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS

  1. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concurrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción do procedemento ó Servicio de Acción Social e a adjudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  2. Na tramitación dos expedientes, deberán acreditarse polos beneficiarios das axudas o cumprimento das obrigas previstas no Artígo 14 da Ley 38/03 Xeral de Subvencións asi como a declaración de no estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario e a declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social .
  3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, transcurrido o cal, si non se notificou a resolución lexitima os interesados, entenderase desestimada por silencio administrativo, a solicitud de concesión, como aparece recollida no punto 5 do articúlo 25 da Ley Xeral de Subvencións.
  4. Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata ó 15 de Abril inclusive os seguintes documentos.
    1. Certificado do Acordo do Organo de Goberno Competente, facendo constar expresamente a aceptación das bases e especificando a cantidade que están dispostos a aportar.
    2. Proposta da resolución de axudas, por orden de puntuación e que poidan ser asumidas polo Concello, especificando a contía total da axuda e os conceptos.
    3. Proxecto económico segundo o anexo 1.
    4. Fotocopia da solicitude segundo o modelo adxunto.
    5. Declaración de axudas según modelo adxunto.
    6. Informe Social Individual, anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da Proposta, os motivos que xustifican a concesión da axuda.
    7. Presuposto das obras por o importe real que se quere solicitar
    8. Estadillo 1
    9. Estadillo 2. ( en caso de que houbese lista de espera , ó persoas pendentes de completar as obras, por falta de capacidade presupuestaria.
  5. As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos como: á acreditación dos ingresos netos medios mensuais da unidade familiar ou de convivencia, á acreditación do número de menbros que integran tales unidades, á acreditación do número de menbros que cursan estudios na unidade de convivencia e demais documentos que cada Concello estime necesarios para cumplimenta-lo expediente, relativos á avaliación da vivenda e á problemática social.
  6. As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.

OCTAVA. PUBLICIDADE
O abeiro do artigo 31 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, en toda a publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social, sendo suficente a declaración responsable de ter feita tal publicidade.

NOVENA. PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN
Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, e notificadas tales concesións de subvencións a os mesmos, Os Concellos xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses dende a súa finalización nos términos do Artigo 30 da Ley 38/03 Xeral de Subvencións, e como máximo ata o 15 de Decembro, prorrogable por outro mes e medio, en conformidade co artigo 70.1 do devandito regulamento. A citada xustificación acreditará o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectos previstos como obxecto da concesión da subvención. Dita acreditación realizarase con seguiente documentos:

  1. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas polo importe da subvención concedida, asi coma demais documentos de valor probatorio con equivalente validez, no tráfico xurídico mercantil, detallando material, prezo unitario, traballos por administración ( man de obra ). .
  2. Informe do Técnico municipal correspondente, do remate das obras, e no seu defecto informe da Traballadora Social.
  3. No caso de percibir outras axudas para a mesma finalidade, deberan aportar unha declaración responsable de que os ingresos e recursos alleos obtidos, non superan o custo da finalidade subvencionada.
    As subvencións concedidas entre os meses de novembro e decembro de 2008 deberán ser xustificadas no plazo de 6 meses dende a sua comunicación.
  4. Memoria do Concello sobre o cumprimento das condicións impostas a obra obxecto da subvención, con arranxo o artigo 75 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos sempre que se establezca a garantía de constituirse a favor da Deputación Provincial de Pontevedra sobre os fondos adiantazos. Dito pago anticipado deberá solicitarse por escrito polo beneficiario da subvención

Para o pago da subvención teranse en conta o seguinte:

  1. No caso de que se xustifique o gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  2. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% aboarase a parte proporcional da subvención.

O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello.

DÉCIMA.- REINTEGRO
No caso de imcumprir as presentes bases, ó beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión.( ártigos 36 á 43 da Ley Xeral de Subvencións

UNDÉCIMA.- CONTROL
Os beneficiarios someteranse as actuacións de control financiero que efectúe a Deputación Provincial, segundo establece ó titulo III da Ley Xeral de Subvencións.

DUODÉCIMA
En todo o non previsto nestas bases reguladas, será de aplicación a lei 38/2003 de 7 de novembro Xeral de Subvencións. e demais lexislación aplicable.

DECIMOTERCERA
O órgano competente para aprobación das Bases reguladoras destas subvencións é a Xunta de Goberno o abeiro das Bases 16.2 é 25.15 de Execución do presuposto 2008.

Asemade en conformidade co ártigo 18 da Lei Xeral de Subvencións (38/2003 de 17 de Novenbro ) farase publica no BOP a relación das subvencións concedidas.

Pontevedra, 6 de marzo de 2008
LA JEFA DEL SERVICIO DE ACCIÓN SOCIAL
ilegible

Boletín Oficial da Provincia, data 14/03/08, número 53, páxina 15, anuncio 2008002617.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/03/2008 13:20
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/