[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 20 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Gondomar » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Gondomar
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
GONDOMAR 

Introducción

O concello de Gondomar sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, principal río que discorre polo seu territorio. Limita cos concellos de Baiona, Nigrán, Porriño, Tui, Tomiño e Oia e conta cunha superficie aproximada de setenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes.

As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros e Vilaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdicción eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía ó bispo de Tui.

Nos primeiros anos do século dezanove, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vileza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peitieiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Gondomar, Couso, Vincios, Chaín, Vilaza, Peitieiros, Morgadáns, Mañufe, Donas e Borreiros; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor.

O fondo documental producido polo Concello de Gondomar, no decurso da súa actividade ó longo destes anos e que aínda se conservaba, recibiu no ano 1986 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servicio Técnico de Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/12/2003 14:59
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/