[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

Bases De Axudas "Contacto Coa Natureza 2008"

Anuncio

Anuncio

Bases De Axudas “Contacto Coa Natureza 2008”

1. OBXECTO
A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra convoca para o ano 2008, axudas destinadas a subvencionar programas para os diferentes colectivos de idades ca fin de potenciar o compañerismo, a convivencia, a solidariedade á par que acadar un maior enriquecemento cultural.

2. DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA
O programa consiste en pasar cinco días en hospedaxe rural da Comunidade Autónoma de Galicia, priorizando os da provincia de Pontevedra, en pleno contacto ca natureza, en réxime de pensión completa disfrutando da gastronomía típica.

No programa contarase cunha serie de profesionais titulados en actividades de ocio e tempo de lecer que se encargarán de organizar e promover as actividades deportivas e ocio, así como excursións, rutas de senderismo, actividades de orientación, xogos na natureza, talleres, acampadas, etc.

3. ADHESIÓNS DOS CONCELLOS
Tódo os Concellos da provincia de Pontevedra, poderán sumarse mediante acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitíndose certificación expedida polo Secretario do mencionado acordo, dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa, que se trasladará mediante carta certificada ós Concellos. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

Pasado dito prazo de 15 días naturais, de non envíar a adhesión, entenderase que o Concello non quere participar sen que teña que facelo constar por escrito.

4. SELECCIÓN DE SOLICITUDES DOS CONCELLOS ADHERIDOS
Nos Concellos adheridos cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandadas, realizarase a selección dende os Servicios Sociais Municipais, seguindo criterios de valoración tales coma a situación sociofamiliar ou outros que se consideren de relevancia, dando a opción de que os escolares non subvencionados por límite de prazas poidan igualmente participar achegando a parte da subvención do concello.

5. SELECCIÓN DE SOLICITUDES DOS CONCELLOS NON ADHERIDOS
No caso nos que os Concellos non se adhiran ó programa, os Centros Educativos que desexen participar da actividade deberán entregar as solicitudes na Deputación Provincial, onde se terá en conta o rexistro de entrada dos oficios que acompañan as solicitudes debidamente cumplimentadas e asinadas.

6. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS POLOS POSIBLES BENEFICIARIOS
A presentación de instancias farase nos Rexistros dos Concellos adheridos dentro dos 20 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa.

Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

No caso dos Concellos que non se adhiran as instancias presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico, o prazo de presentación será o mesmo que no apartado anterior, para tal efecto comunicaraselles ós Centros Públicos a apertura do programa ca fin de que se poñan en contacto co seu Concello para saber si se adhiren ou non.

7. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES

  1. Poderán participar tódolos Centros Educativos Públicos pertencentes a calquera Concello da Provincia de Pontevedra.
  2. O Programa diríxese a tódala mocidade de primeiro de bacharelato.
  3. No caso de que non houbese ningún mestre/a, técnico/a do Concello, pai, nai o outra persoa en quen se delegue, que quixese acompañar ó grupo de escolares, éstes non poderían participar na actividade, posto que non se considera convinte que o grupo participe sen ningún adulto de referencia.

8. PUBLICIDADE
En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social, segundo establece o artigo 31 do RLXS.

As medidas de difusión do financiamento público da actividade consistirán en dípticos informativos editados pola empresa adxudicataria e carteis ca imaxe do programa, que se remitirán ós CentrosPúblicos de 1º de BAC da provincia de Pontevedra, así coma a tódalas concellerías responsables de ditos programas.

9. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.

10. DOCUMENTACIÓN
Os Concellos adheridos ó programa deberán remitir ó rexistro de entrada da Deputación a seguinte documentación:

  1. Acordo de adhesión adoptado polo órgano competente e certificación do mesmo expedida polo secretario.
  2. Listado nominal dos mozos/as participantes.
  3. Anexo co nome do mestre/a, pai/nai ou acompañante.
  4. Fichas orixinais de incripción e autorizacións (adxuntase modelo) para cada un dos nenos/as, ou no seu defecto notificación do Concello no que se declare posuír dita documentación no seu haber, non sendo preciso enviar ditas fichas.

Os Centros cuxos Concellos non se adhiran deberán remitila mesma documentación a excepción do acordo de adhesión.

Có fin de agilizar os trámites, deberase enviar vía fax o listado nominal de alumnos/as e anexo de acompañantes que van participar, así coma a semana que escollen para realizar a actividade, á axencia de viaxes encargada da xestión e organización do programa.

11. FINANCIAMENTO
A contía consignada para a realización do programa ascende a 100.000 €, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden asumir neste programa de axudas, con cargo á partida 08/313.313.227.09 do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen perxuizo de que sexa ampliado o crédito da mesma ó longo do ano 2008.

Se na contratación da asistencia técnica encargada da organización deste programa, se producise unha baixa da djudicación, con repecto ó prezo de licitación, dita baixa aplicariase a unha mayor oferta de prazas para participantes, non obstante os prezos establecidos van ser os seguintes:

O prezo máximo por cada praza ascende a 250 euors, dos cales,

  • A Deputación fará unha aportación de 75 euros por praza.
  • O Concello fará unha aportación de 35 euros por praza.
  • A cantidade restante será aboada polo mozo ou moza participante.

12. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTODA SUBVENCIÓN
Conforme establece o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto cas facturas, os listados dos escolares participantes por saída e colexio, cun prazo máximo dun mes a partir da última saída.

13. PRAZO DE VIXENCIA
As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo o exercicio do 2008.

Pontevedra, 27 de marzo de 2008.


Boletín Oficial da Provincia, data 04/04/08, número 65, páxina 43, anuncio 2008003405.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/04/2008 12:24
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/