[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Certame novos valores
Ligazóns

Páxina [1] 2
CULTURA 

Deputación de Pontevedra

Certame Novos Valores 2008

Bases | Boletín de inscrición | acta do xurado

Anuncio

A promoción de actividades culturais, en xeral, e a das manifestacións artísticas, en particular, é un dos trazos que máis e mellor significan ao longo da súa historia á Deputación de Pontevedra. En consonancia con esta tradición, que ten na concesión de axudas a novos creadores un dos seus capítulos de máis éxito, convoca o Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2008. Rexerase polas seguintes

BASES

PRIMEIRA.
Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo, no último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. Quedan excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunha das anteriores edicións deste mesmo certame.

SEGUNDA.
As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por artista en cada especialidade. O seu peso non será superior ós 500 quilos e a súa máxima dimensión non superará os 2,00 m. No apartado de Audiovisuais, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD e en formato vídeo, non podendo exceder a duración da proxección de catro minutos. A exhibición dos traballos seleccionados neste ámbito farase mediante unha proxección continúa de todas as obras desde un reprodutor de DVD a un monitor. Se algún autor desexase outro tipo de proxección, deberá achegar, tanto para a selección do xurado coma para a exhibición, os aparellos técnicos necesarios para poder efectuala, sempre adaptados ao lugar no que a obra se presente.

TERCEIRA.
As obras deben presentarse no Museo Provincial de Pontevedra, ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que garanta a súa entrega. O prazo de recollida estenderase desde o día 14 ata o 23 de maio do ano en curso, de martes a venres e entre as 10.00 e as 13.00 horas. Xunto coa obra ou obras, os artistas entregarán unha fotocopia do seu DNI e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos. Este poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial coma no Museo de Pontevedra. No momento da entrega os concursantes recibirán un recibo que a documente. A súa presentación será imprescindible para posteriormente retirar a obra.

CUARTA.
A Deputación de Pontevedra, como entidade organizadora do certame, custodiará as obras recibidas pero non se fará responsable de calquera clase de sinistro que se puidese producir durante o transporte, custodia, exposición e devolución das obras. Recoméndase por iso que as aseguren todas os seus remitentes.

QUINTA.
Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío e devolución das obras, así como da póliza de seguro, de ser o caso. A súa retirada, conforme ós prazos que se sinalan na base oitava, deberá realizarse prioritariamente. de maneira persoal Se non se fai así será responsabilidade dos interesados xestionar directamente a devolución.

SEXTA.
As obras presentadas ó certame serán obxecto dunha primeira selección, coa que se conformará a exposición Novos Valores 2008, que estará aberta ó público no lugar que oportunamente se indique durante o mes de agosto.

SÉTIMA.
Todas as obras seleccionadas serán reproducidas no catálogo que se edite como complemento da exposición. Corresponderalles ós seus autores, non obstante, a xestión ou a obtención dos permisos necesarios para esa inserción gráfica.

OITAVA.
As obras non seleccionadas deberanas retirar os seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do xurado. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para tomar as decisións que sobre elas estime oportunas.

NOVENA.
O xurado seleccionador será nomeado polo presidente da Deputación Provincial. A súa composición será a seguinte:

  • Presidente:
    O titular da Corporación provincial ou deputado no que delegue.
  • Vogais:
    O deputado-presidente da Comisión de Cultura.
    Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da crítica, das artes ou da historia da arte.
  • Secretario:
    O titular da Deputación ou funcionario no que delegue.

DÉCIMA.
Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras inicialmente seleccionadas, a adxudicación ós seus autores de seis premios, por importe de seis mil (6.000) euros brutos cada un, para ampliar os seus estudos artísticos. Un destes premios levará o nome específico de José Fernández López e deberá recaer, necesariamente, nunha obra pictórica. Corresponderalle a súa dotación a D. Manuel Fernández de Sousa Faro, fillo de tan egrexia personalidade.

O importe destes premios será cargado na partida 08/451.451.481.01 do vixente orzamento provincial. A súa entrega farase efectiva, no transcurso dun acto público, no lugar e o día que no seu momento se indicarán.

UNDÉCIMA.
A concesión do premio será obxecto dun convenio entre o adxudicatario e a Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento de asinalo e o restante 50% á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado e de dúas obras orixinais e asinadas.

DUODÉCIMA.
A participación neste certame leva implícita a aceptación plena destas bases. O xurado seleccionador, cuxas decisións serán inapelables, queda facultado, ademais, para interpretar e resolver as dúbidas que se puidesen presentar no transcurso das súas deliberacións.

Pontevedra, 2 de abril de 2007
O Presidente
ilexible
O Secretario
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 07/04/08, número 66, páxina 38, anuncio 2008003512.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/06/2009 11:11
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/