[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 17 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina Seguinte
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral de diverso persoal
“Proxecto CIDIR-EIEL "

Bases xerais | 1 posto licenciado Xeografía | 2 analistas de datos | 2 enxeñeiros técnicos topógrafos | 1 enxeñeiro técnico informática
1 técnico de análises de datos | Modelo de solicitude | Corrección de erros
Lista provisional de admitidos | Tribunais e datas do 1º exercicio

Bases xerais e específicas para a contratación laboral por obra ou servizo determinado de diverso persoal “Proxecto CIDIR-EIEL creación do centro de información dixital de infraestruturas e recursos”.

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte

RESOLUCIÓN

De conformidade co establecido no artigo 34.g) da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999 de 21 de abril, resolvo aprobar a presente convocatoria, para a contratación laboral por obra ou servizo determinado de diverso persoal con cargo ó Proxecto CIDIR-EIEL, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas:

BASES XERAIS

1.— PRINCIPIOS REITORES E OBXECTO DA CONVOCATORIA

  • 1.1.— De conformidade co disposto no artigo 55 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, en adiante EBEP, artigo 9.2 da Lei 13/2007 de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988 de 26 de maio da función pública de Galicia e demais disposicións de concordante aplicación, asbases que rexen a presente convocatoria respectarán os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade, trasparencia, imparcialidade e transparencia dos órganos de selección e independencia e discrecionalidade técnica na súa actuación, adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas a desenvolver e axilidade, sen prexuízo da obxectividade, así como a paridade entre home e muller cando proceda e igualdade de oportunidades entre sexos.
  • 1.2.— Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral baixo a modalidade de Obra ou Servizo determinado, regulada no artigo 2 do Real decreto 2720/1998 de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada, do persoal que se relaciona a continuación, con cargo ó Proxecto CIDIR-EIEL.
  • 1.3.— Ata o momento a actualización da Enquisa de Infraestruturas do MAP (EIEL) realizábase cada catro anos e o servizo prestábao unha empresa externa. A modificación da normativa obriga a manter actualizados os datos da enquisa anualmente para a súa presentación como prazo máximo ante o Ministerio o 1 de decembro de cada ano. A dita periodicidade motiva a necesidade de modificar o procedemento que se seguía para a xestión da enquisa ata a data, tanto polo incremento de custos como a dificultade que supón contar con prazos menores. Todo iso implica que resulte máis eficiente e eficaz contar con persoal propio que xestione este proxecto.
  • 1.4.—O contido do traballo a desenvolver, ó amparo do establecido no Real decreto 835/2003 de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado nos investimentos das entidades locais, modificado polo Real decreto 1263/2005 de 21 de outubro, consiste na realización de todos aqueles labores que impliquen a actualización do sistema de información xeográfico da enquisa de infraestrutura e equipamentos locais, de acordo co modelo, procedemento e prazos fixados polo MAP e, en concreto, a título enunciativo: recompilación da información de melloras efectuadas na toma de datos e a súa validación, toma de datos de nova información que requira o MAP, implementación e mantemento dos sistemas de información xeográfica (GIS), dixitalización da información, xeración das táboas da enquisa, remisión destas ó Ministerio, visitas de campo para o control de calidade dos datos achegados polos concellos e daqueles elementos máis significativos onde a información achegada sexa escasa.

PERSOAL NECESARIO

  • Un Licenciado/a en Xeografía
  • Dous Analistas de Datos
  • Dous Enxeñeiros/as Técnicos en Topografía
  • Un Enxeñeiro Técnico en Informática
  • Un Técnico de Análise de Datos.

2.— SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o sistema de concurso oposición

Na fase de Concurso valoraranse os méritos achegados polos interesados/as, segundo o baremo establecido nas bases específicas de cada un dos postos ofertados.

A suma total da puntuación obtida na fase de concurso non poderá superar o 45% da suma de puntuacións correspondentes á fase de oposición.

A fase de Oposición consistirá na realización de probas teóricas e prácticas relacionadas co contido dos postos de traballo convocados co obxecto de comprobar os coñecementos e capacidades dos/as aspirantes e habilidades ou destrezas en función dos requirimentos esixidos para desempeñar os postos.

Os exercicios correspondentes a cada proceso selectivo determínanse e describen nas bases específicas.

3.— REQUIRIMENTOS DOS ASPIRANTES

  • 3.1.— Con carácter xeral, sen prexuízo do establecido nas respectivas bases específicas para cada un dos postos de traballo convocados, para poder participar nestes procesos selectivos os aspirantes deberán reunir os requirimentos xerais esixidos no artigo 56 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, en adiante EBEP, en particular:
    • Ter a nacionalidade española, coa salvidade establecida no artigo 57.4 do EBEP (acceso ó emprego de nacionais doutros estados).
    • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
    • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
    • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios da comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
    • Posuír a titulación esixida.
  • 3.2.— Ademais, ter ingresado na Tesourería da Deputación de Pontevedra a cantidade fixada como dereitos de exame.
  • 3.3.— Os aspirantes deberán posuír todos os requirimentos sinalados no apartado anterior ou estar en condicións de os obter o día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos polo menos ata a data de formalización do contrato laboral correspondente.

4.— SOLICITUDES

  • 4.1.— Para poder participar na presente convocatoria os/as aspirantes deberán presentar unha instancia, no modelo que se achega como anexo 1, dirixidas ó Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, na que constarán os datos persoais do solicitante, domicilio e denominación do posto de traballo ó que opta, xunto coa fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou, se é o caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados (orixinais ou copias debidamente compulsadas).

    Para poder ser admitidos/as nas probas selectivas deberán manifestar nas súas solicitudes que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, mediante declaración xurada.

    O modelo seralles facilitado ós/as aspirantes no Rexistro xeral da Deputación.

  • 4.2.— O prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  • 4.3.—As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ou polo procedemento establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, en adiante LRJPAC.

    As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario/a de Correos antes de seren certificadas.

  • 4.4.— Os datos que figuren na solicitude vinculan os/as aspirantes, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán corrixirse en calquera momento, ben de oficio ou a instancia de parte.

5.— DEREITOS DE EXAME

  • 5.1.—Será requirimento necesario para participar nestes procesos selectivos aboar os seguintes dereitos de exame e os gastos de tramitación que, se é o caso, determine a entidade bancaria, que poderán ingresarse directamente na Tesourería da Deputación ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á Deputación de Pontevedra. Número de Conta: Caixanova 2080 0401 68 0040106618.

    Se o ingreso non se fai directamente na Tesourería Provincial o/a solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou transferencia e o número de resgardo.

  • 5.2.— Importes:
    • Posto de traballo de licenciado: 35 €.
    • Diplomado universitario: 30 €.
  • 5.3.— En ningún caso a presentación da documentación descrita nos apartados anteriores substituirá o trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.
  • 5.4.—Os dereitos de exame seranlles reintegrados de oficio ós interesados/as que sexan excluídos definitivamente das listas de admitidos.

6.— ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  • 6.1.— Finalizado o prazo de presentación de instancias o presidente ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as, especificando, se é o caso, os motivos de exclusión, que se publicarán no taboleiro de anuncios da Deputación.
  • 6.2.— Os/as aspirantes excluídos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. No caso de que se producisen reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación definitiva da lista de admitidos no taboleiro de anuncios.
  • 6.3.— Contra a dita resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación (artigos 107 e 117 da LRJPAC), ou ben un recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  • 6.4.— O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non supón que se lles recoñeza ós/as aspirantes que posúen os requirimentos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que superen o proceso selectivo.

7.— TRIBUNAL CUALIFICADOR

  • 7.1.— O tribunal cualificador, que será designado polo presidente da Deputación, estará integrado por un presidente, un secretario e tres vogais, atendendo ó principio de profesionalidade dos seus membros e tendo en conta ademais a paridade entre home e muller. Todos os membros terán voz e voto.
  • 7.2.— Será designados tanto titulares como suplentes, e non poderán ter a condición de membros do tribunal o persoal de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.
  • 7.3.—Os membros do tribunal deberán posuír unha titulación ou especialización igual ou superior ás esixidas para acceder ós postos de traballo convocados.
  • 7.4.— Poderá incorporarse ó tribunal asesores especialistas, con voz pero sen voto, cando pola natureza ou circunstancias dalgunha das probas sexa aconsellable, limitándose o seu labor ó asesoramento técnico na súa especialidade.
  • 7.5.— A resolución presidencial na que se designan os membros do tribunal cualificador, titulares e suplentes publicarase no taboleiro de anuncios da Deputación, conxuntamente coa lista definitiva de admitidos.
  • 7.6.— Serán aplicables as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da LRJPAC, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
  • 7.7.— O tribunal constituirase na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes.
  • 7.8.— En canto ó réxime de funcionamento estarase ó disposto na LRJPAC e ás bases xerais e específicas da presente convocatoria.
  • 7.9.— En caso de ausencia do presidente titular ou suplente actuará no seu lugar o membro designado en primeiro lugar.
  • 7.10.— Os membros do tribunal e, se é o caso, os asesores técnicos que asistan ás sesións, percibirán os importes que corresponda de acordo coas contías establecidas no Real decreto 462/2002 de 24 de maio de indemnizacións por razón do servizo.

8.— COMEZO DOS EXERCICIOS E VALORACIÓN DA FASE DE CONCURSO

  • 8.1.— Por resolución presidencial fixarase o lugar, data e hora no que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e hora de comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas e, se é o caso, para comprobar e cualificar os méritos alegados, conxuntamente coa lista definitiva de admitidos, composición do tribunal, cunha antelación mínima de 10 días naturais.
  • 8.2.—Convocarase os aspirantes nun único chamamento para cada exercicio, decaendo no seu dereito se non comparecesen, salvo casos debidamente xustificados, valorados polo tribunal e que resolverá motivadamente de forma expresa. Deberán presentarse para realizar cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, así como dos medios materiais adecuados que sexan necesario se é o caso para a práctica dos exercicios, se así se permite.

9.— DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN

  • 9.1.— En calquera momento o tribunal poderá requirir ós aspirantes para que acrediten a súa identidade.
  • 9.2.— A orde de actuación naqueles exercicios que non poidan realizarse de forma simultánea determinaraa mediante sorteo o tribunal, en presenza dos aspirantes, e inmediatamente antes de se iniciar o primeiro exercicio das probas.
  • 9.3.— Garantirase o anonimato na corrección dos exercicios escritos, utilizando o tribunal para iso os medios que considere oportunos.
  • 9.4.— Se en calquera momento do proceso o tribunal aprecia que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requirimentos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia do interesado/a, deberá proporlle ó presidente a súa exclusión, indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para estes efectos.
  • 9.5.— Concluído cada un dos exercicios o tribunal publicará no taboleiro de anuncios a relación de aspirantes que superaron a dita proba, indicando a puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos terán a consideración de “non aptos”.
  • 9.6.—De conformidade co disposto no artigo 114.1 da LRJPAC, contra os acordos do tribunal poderase interpor un recurso administrativo de alzada ante o órgano que os designou.

10.— CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  • 10.1.— Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre (0,00) cero e (10,00) dez puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de (5,00) cinco puntos para aprobar.
  • 10.2.— No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias do posto de traballo convocado.
  • 10.3.— A cualificación de cada aspirante en cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal. Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de entre tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas as dúas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

11.— CONTRATACIÓN
Concluído o proceso selectivo o presidente da Deputación formalizará o preceptivo contrato laboral baixo a modalidade de “Obra ou Servizo Determinado” cos aspirantes aprobados, ó amparo do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/1998 de 18 de decembro.

As condicións laborais deste persoal rexeranse polo disposto no contrato de traballo, I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación, estatuto dos traballadores e demais normativa de concordante aplicación.

12.— PERÍODO DE PROBA
Establecerase un período de proba, de conformidade co previsto no artigo 18 do I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra.

13.— DURACIÓN
O contrato terá efectos desde a data que fixe o presidente na resolución que autorice a contratación: 1 de setembro ata o 31 de decembro de 2008, se ben poderá prorrogarse se resultase necesario ata a finalización da obra ou servizo obxecto da contratación.

14.— CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Deputación, os tribunais e os/as aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.

15.— INCIDENCIAS
O tribunal de cada proceso selectivo queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dubidas e incidencias se presenten na súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios co fin de conseguir o desenvolvemento óptimo do proceso selectivo.

16.— DISPOSICIÓNS FINAIS
As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados, nos casos e na forma establecida pola LRJPAC.



Boletín Oficial da Provincia, data 02/06/08, número 105, páxina 12, anuncio 2008005731.

Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/07/2008 15:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/