[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de Pontevedra

Contratación laboral por obra ou servizo determinado de persoal diverso "Proxecto Mobilia”

Bases xerais | 1 posto xerente | Técnico informática e administración Responsables de formación | Modelo de solicitude
Ampliación prazo formador soldadura

Bases específicas
Posto de xerente

1.1. CARÁCTERÍSTICAS

  • DENOMINACIÓN: convócase un posto de XERENTE do proxecto MOBILIA, baixo a modalidade contractual laboral “por obra ou servizo determinado”.
  • FUNCIÓNS:
    • Dirección do equipo técnico
    • Planificación, organización e execución do proxecto
    • Preparación e xestión dos contratos administrativos con empresas externas (convocatorias de modalidades contractuais e elaboración de pregos de condicións), para os servizos subcontratados a organizacións externas, de acordo coa normativa nacional e comunitaria.
    • Supervisión dos instrumentos de xestión e control do proxecto (elaboración de informes periódicos, controis e avaliacións en curso…).
    • Dirección do equipo responsable de cuestións administrativas, financeiras e contables.
    • Supervisión e control dos documentos de traballo e os informes de evolución técnicos e financeiros, solicitudes de pagamento intermedias e final, para a súa presentación ó Ministerio de Administracións Públicas e ós concellos implicados no proxecto.
    • Aplicación das medidas de igualdade de oportunidades.
    • Calquera outra función de análoga natureza relacionada co contido do posto de traballo.
  • RETRIBUCIÓNS: a retribución anual bruta de dito posto de traballo, equiparado a un posto base grupo A, nivel 24, de conformidade co establecido no I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra, será de 29.885,96 €

1.2. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base terceira das bases xerais os aspirantes deberán posuír o título de licenciado universitario en Dereito, Económicas, Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Psicoloxía, Pedagoxía ou Socioloxía.

1.3. BAREMO DE MÉRITOS

  1. Experiencia profesional
    • Por servizos prestados na Administración pública, en postos de traballo de igual categoría profesional ó convocado, relacionados coas xestión de proxectos europeos, e/ou programas de emprego e formación:
      • 0,20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3,00 (tres) puntos.
    • Por acreditar experiencia laboral na Administración pública en tarefas de xestión de proxectos:
      • 0,10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 1,00 (un) punto.

    A experiencia deberá acreditarse mediante certificación de servizos prestados expedida pola administración na que prestase servizos, na que se faga constar o posto de traballo desempeñado e o período total traballado expresado en anos, meses e días.

  2. Méritos académicos
    • Título de licenciado universitario distinto ó esixido para acceder ó posto de traballo convocado: 0,75 puntos.
    • Cursos de posgrao: MBA, máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos, ou calquera outro relacionado co contido do posto de traballo de duración superior a 150 horas: 0,50 puntos por MBA. Máster ou Curso, ata un máximo de 1,50 puntos
  3. Cursos
    • Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiais, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos cursos de informática e galego, ata un máximo de 2,00 (2) puntos, que se computarán da seguinte forma:
      • Por cada curso de máis de 100 horas de duración: 0,30 puntos.
      • Por cada curso de entre 60 a 99 horas de duración: 0,20 puntos.
      • Por cada curso de entre 30 a 59 horas de duración: 0,10 puntos.
      • Por cada curso de entre 10 a 29 horas de duración: 0,05 puntos.
    • Os cursos de duración inferior a 10 horas ou nos que non se especifique a súa duración non serán computados.

1.4. EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  • PRIMEIRO EXERCICIO (OBRIGATORIO E ELIMINATORIO): Consistirá en responder por escrito a un TEST de 30 preguntas, con respostas alternativas propostas polo tribunal e que se corresponderán co contido do programa. O tempo de realización do exercicio será de 30 minutos.
  • SEGUNDO EXERCICIO (OBRIGATORIO E ELIMINATORIO) Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado co contido do programa, no tempo que marque o tribunal para o efecto.

1.5. PROGRAMA DA CONVOCATORIA

  1. Fondos europeos. Novo período de programación 2007-2013.
  2. Programas de desenvolvemento local e emprego en Galicia.
  3. A Administración local: lexislación e réxime xurídico.

Pontevedra, 27 de maio de 2008
O SECRETARIO
Carlos Cuadrdo Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 06/06/08, número , páxina 23, anuncio 2008005962.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/07/2008 11:30
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/